Suzanne Nadine Vega, nada en Santa Monica (California) o 11 de xullo de 1959, é unha cantante e compositora estadounidense.
Traxectoria
Aos dous anos de idade, trasladouse coa súa familia a Nova York. Criouse no barrio hispano de Harlem; aos nove anos escribiu o seu primeiro poema e con catorce empezou a compor cancións. Cursou estudos de danza contemporánea e frecuentou os clubs de Greenwich Village mentres asistía a clases de Literatura na escola de arte Barnard College. En 1984, por mor das súas actuacións, obtivo a posibilidade de gravar un álbum coa discográfica A&M.
Suzanne Vega estivo casada co seu produtor Mitchell Froom, que influíu na súa música ao longo dos anos 90 levándoa cara a un terreo máis experimental. O matrimonio tivo unha filla, Ruby, nacida en 1994 e separouse en 2000. A artista volveu casar en 2006 con Paul Mills, a quen coñece desde a súa mocidade.
Discografía
Véxase tamén
Ligazóns externas