Sudán (rexión)

Modelo:Xeografía físicaSudán
Imaxe
Tiporexión xeográfica Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata
Características
AtravesaSudán do Sur, Sudán, Etiopía, Djibuti, Eritrea, Chad, República Centroafricana, Camerún, Nixeria, Níxer, Malí, Burkina Faso, Ghana, Togo, Costa do Marfil, Senegal e Gambia Editar o valor en Wikidata

Sudán é unha rexión xeográfica ao sur do deserto do Sáhara, que se estende desde África occidental até África oriental.

Toponimia

O nome provén da frase árabe arḍ as-sūdān (أَرْض السودان‎) e bilād as-sūdān (بلاد السودان), que en galego significan ambas "a zona dos negros".

Hoxe o termo é usado para referirse ao Estado-nación de Sudán, pero só inclúe a rexión occidental deste país, e ao estado escindido deste, Sudán do Sur.[1]

Xeografía

O Sudán é unha rexión que ten 5000 quilómetros de longo e centos de quilómetros de ancho. Atravesa África por completo: comezando no Senegal, incluíndo o sur de Malí, Burkina Faso, Níxer polo sur e Nixeria polo norte, chegando a Chad polo sur e Darfur polo oeste.

No norte da rexión atópase o Sahel, que limita co Sáhara e as terras altas de Etiopía (o Macizo etíope, chamado al-Ḥabašah en árabe). No suroeste atópase a sabana occidental de Sudán, que é unha sabana tropical. No centro está o lago Chad. Ao leste ten a sabana sudanesa oriental, que é unha sabana tropical que limita co Sudd, a fonte do Nilo Branco.

Demografía

A rexión constitúe un límite étnico e lingüístico entre as etnias semitas no norte e as etnias da África subsahariana no sur. Ten un total de preto de 60 millóns de habitantes, divididos en máis de 200 grupos étnicos. A economía baséase na gandería, tamén se cultiva sorgo e arroz.

Notas

  1. EJ Brill. (1959) International Association for the History of Religions Leiden: Numen, (en inglés) "West Africa may be taken as the country stretching from Senegal in the west, to the Cameroons in the east; sometimes it has been called the central and western Sudan, the ''Bilad as-Sūdan'', 'Land of the Blacks', of the Arabs"

Véxase tamén