Lago Chad

Modelo:Xeografía físicaLago Chad
Imaxe
Tipolago endorreico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 13°05′57″N 14°30′17″L / 13.09926303, 14.50463451
Afluentes
Conca hidrográficaChad Basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude100 m Editar o valor en Wikidata
Profundidade10,5 m Editar o valor en Wikidata
Perímetro650 km Editar o valor en Wikidata
AtravesaChad, Camerún, Nixeria e Níxer Editar o valor en Wikidata
Superficie1.540 km² Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica2.381.635 km² Editar o valor en Wikidata
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data30 de outubro de 2018
Identificador2051
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data12 de xullo de 2018
Identificador2051
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data2 de febreiro de 2018, 26 de maio de 2006, 9 de outubro de 2018
Identificador2051
Sitio Ramsar
Identificador1072
Medicións
Volume físico6,3 km³ Editar o valor en Wikidata
BNE: XX456983

O lago Chad (francés "lac Tchad") é un lago endorreico que se atopa situado no límite entre o Chad, Níxer, Nixeria e o Camerún, na África central. A súa capacidade vén diminuíndo co paso do tempo debido, sobre todo, á desertificación provocada pola proximidade do deserto do Sáhara e pola captura de auga para cultivos de irrigación. Segundo a Base de Datos Global de Información de Recursos do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente, esta reduciuse nun 95% entre 1963 e 1998, pero "unha imaxe de 2007 (satélite) mostra unha mellora significativa en comparación con anos anteriores".[1]

Xeografía e hidroloxía

O seu maior tributario é o río Chari, o cal lle fornece o 90% das súas augas. Por mor da súa escasa profundidade, de só 7 metros no seu punto máis profundo, a área é particularmente sensible a cambios na profundidade media, e mostra flutuacións de tamaño segundo a época do ano. Aparentemente as augas non teñen saída, aínda que as súas augas fíltranse nas depresións de Soro e Bodele. Existen numerosas illas e bancos de limo, e nas súas beiras abundan as zonas pantanosas.

Historia

Extensión máxima durante o Holoceno do "Mega lago Chad" (zona verde-azul limitada por unha liña de puntos azul)

O lago Chad deu o seu nome ao país de Chad. O nome Chad é unha palabra local que significa "gran extensión de auga", noutras palabras, un "lago"[2]

Existen evidencias científicas sobre a existencia dun lago moito maior que cubría unha área de algo menos de 400.000 km² en dous pulsos húmidos do Holoceno.[3] Os seus cambios radicais de extensión teñen que ver coa súa pouca profundidade. Cando foi descuberto polos europeos en 1823 era un dos maiores lagos do mundo, pero reduciuse considerablemente desde entón. A demanda crecente de auga do lago acelerou a súa dexeneración no últimos corenta anos.[4]

Nos anos 1960 a área cuberta polas súas augas era de 26.000 km², unha extensión similar á superficie da illa de Sicilia, o cal o convertía no cuarto maior lago de África. En 2000 a súa extensión reduciuse a menos de 1.500 km², e en 2006 era de tan só 900 km²; as causas son a redución das precipitacións xunto ao aumento da extracción de auga para regadíos e outros usos, tanto do mesmo lago como dos ríos tributarios. Os prognósticos indican que o lago continuará reducíndose e mesmo acabará secándose ao longo do século xxi.[4]

Períodos de seca

O lago estivo practicamente seco en 1908 e novamente en 1984 con só 1,5 m de profundidade.

Notas

  1. United Nations 2007.
  2. Room 1994.
  3. Schuster, Mathieu; et al. (2005). "Holocene Lake Mega-Chad palaeoshorelines from space". Quaternary Science Reviews 24 (16-17). ISSN 0277-3791. doi:10.1016/j.quascirev.2005.02.001. . Unha reconstrución da extensión do lago Mega Chad é visible aquí.
  4. 4,0 4,1 El gran lago Chad corre el riesgo de desaparecer en dos décadas - elperiodico.com (en castelán)

Véxase tamén

Bibliografía