Stranger than Fiction é un filme estadounidense de 2006 dirixido por Marc Forster, producido por Lindsay Doran e escrito por Zach Helm. Está protagonizado por Will Ferrell, Maggie Gyllenhaal, Dustin Hoffman, Queen Latifah e Emma Thompson. O argumento principal segue a historia de Harold Crick (Ferrell), un traballador que comeza a escoitar unha voz que narra todo o que ocorre na súa vida. Segundo esta voz, el como protagonista principal, vai morrer de maneira inminente. O filme foi rodado en Chicago, e foi ben acollido pola crítica pola súa innovación, historia intelixente e interpretacións. Ferrell, quen protagonizara anteriormente comedias disparatadas, conseguiu unha atención especial por ofrecer unha actuación moderada no seu primeiro papel dramático como protagonista.
Stranger than Fiction foi distribuído por Columbia Pictures o 10 de novembro de 2006. Após a súa estrea, foi eloxiado polos seus temas, o humor e as interpretacións. Malia o éxito da crítica, o filme só conseguiu recadar 53 millóns de dólares sobre un orzamento de 30 millóns.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas