Comezou no skate ós quince anos de idade e axiña empezou a participar en competicións profesionais, acadando boas posicións até que con dezanove anos pasou a ocupar o primeiro posto na clasificación mundial de skateboard. Pouco despois, xunto con George Powell fundou a compañía de monopatíns chamada Powell Peralta. Co financiamento da compañía, Peralta formou a Bones Brigade, un equipo de skate composto polos mellores skaters da época, algúns dos cales revolucionaron o skate moderno. Tamén comezou a dirixir e producir os primeiros vídeos de skateboard que daquela supuxeron un pulo importante para novos skaters como Tony Hawk.