Soter Stefan Ortynskyi de Labets (en ucraíno: Сотер Стефан Ортинський де Лабетц), nado o 29 de xaneiro de 1866 en Ortynychi (Ucraína) e finado o 24 de marzo de 1916 en Filadelfia (Estados Unidos) foi un eclesiástico grecocatólico ucraíno, 1º ordinario dos Estados Unidos dende 1907 até o seu pasamento.
Traxectoria
Naceu o 29 de xaneiro de 1866 en Ortynychi (Reino de Galicia e Lodomeria).[1] En 1889 fixo a profesión solemne como basiliano, e o 18 de xullo de 1891 foi ordenado sacerdote.[1]
O 28 de febreiro de 1907 o papa Pío X nomeouno bispo visitador para os greco-católicos dos Estados Unidos de América, asignándolle a sé titular de Daulia.[1] Recibiu a consagración episcopal de mans do arcebispo Andrei Sheptytskyi en Lviv o 12 de maio do mesmo ano.[1] O 28 de maio de 1913 foi nomeado exarca apostólico dos Estados Unidos. Finou en Filadelfia o 24 de marzo de 1916.[1]
Notas
|
---|
Ordinarios dos E.U.A. | |
---|
Exarcas apostólicos dos E.U.A. | |
---|
Arcebispos metropolitanos de Filadelfia | |
---|
Administradores apostólicos | |
---|
Bispos auxiliares | |
---|