Son de Sol é un grupo musical español de flamenco-pop formado por tres irmás (Sole, Esperanza e Lola) de Écija, Sevilla. Foron as elixidas para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión de 2005.
Eurovisión
No concurso de preselección nacional, retransmitido por TVE entre o 4 e 5 de marzo de 2005, a súa canción Brujería conseguiu o 24,2% da votación do público, colocándoas por encima das favoritas, Las Supremas de Móstoles, cunha marxe de só un 2,4%. A canción foi producida por Manuel Ruiz (máis coñecido como Queco), que foi responsable do famoso Aserejé de Las Ketchup, e por José Luis de Carlos, habitual de Las Grecas, Isabel Pantoja ou Manzanita nas décadas dos setenta e oitenta.
Debido a que España é un dos principais contribuidores financeiros do Festival da Canción de Eurovisión, a canción de "Son de Sol" foi unha das catorce con pase directo á gran final, que tivo lugar o 21 de maio en Kíiv (Ucraína), e que competiron contra as outras dez cancións da semifinal. Quedaron en vixésima primeira posición, por enriba do Reino Unido, Francia e Alemaña.[1]
Carreira musical
Despois de que lanzasen varios discos antes de que se desen a coñecer a nivel nacional grazas a eurovisión, na primavera de 2005 publican Brujería, sendo disco de ouro despois do verán. En 2008 lanzan o seu cuarto disco e segundo a nivel nacional, titulado Directo a ti.[2]
Discografía
- De fiesta por sevillanas (1999)
- Callejuela (2002)
- Brujería (2005) #95 ESP
- Directo a ti (2008)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas