Soledad Muniategui Lorenzo

Modelo:BiografíaSoledad Muniategui Lorenzo
Nome orixinalSoledad Norberta Muniategui Lorenzo
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
ResidenciaA Coruña Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalLicenciada e Doutora en Farmacia
(Para outros, véxase o texto)
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Q89547790Estudos sobre o medio ambiente
Actividade
OcupaciónCatedrática de Química analítica da Universidade da Coruña
Directora do Instituto Universitario de Medio Ambiente da Universidade da Coruña
EmpregadorUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
LinguaGalego, español, inglés

Dialnet: 248563

Soledad Muniategui Lorenzo, nada en Caracas o 24 de xullo de 1962, é unha científica galega, catedrática universitaria especializada en química analítica e en estudos medioambientais.[1]

Traxectoria

Formación

Soledad Muniategui acadou os seguintes títulos académicos:[1]

Académica

O día 20 de marzo de 2013 foi recibida na Real Academia de Farmacia de Galicia, na que ocupa a medalla nº 24, acto no que leu o discurso Mediambiente y Salud. Una visión analítica sobre los contaminantes prioritarios y de interés emergente.[1][4]

Labor investigador, profesional e docente

O labor investigador da doutora Muniategui céntrase en:[5]

Soledad Muniategui participou en máis de 30 proxectos de I+D+I de ámbito autonómico, estatal e europeo, e en máis de 50 contratos ou convenios con empresas, institucións públicas e centros tecnolóxicos, na meirande parte deles como investigadora principal.[6] Participou en estudos de intercomparación de métodos analíticos e en exercicios interlaboratorio de ámbito nacional e europeo. Colaborou en varios comités de organización de congresos científicos de ámbito nacional e internacional. Ten tres patentes e modelos de utilidade rexistradas,[1] unha delas, Passive contaminent sampling device, de ámbito europeo, concedida o 4 de xuño de 2016.[7]

A profesora Muniategui dirixiu 13 teses de doutoramento.[8]

Sociedades científicas e profesionais das que é membro

Entre outras, a doutora Muniategui é membro das seguintes institucións:[1]

Na Universidade da Coruña

Na Universidade da Coruña desempeña os seguintes cargos académicos ou de xestión:[5]

  • Directora do Instituto Universitario de Medio Ambiente. (Desde o 17 de outubro de 2016. Anteriormente, desde a fundación este Instituto, o 17 de marzo de 2014, foi a súa secretaria).
  • Vogal coordinadora da Comisión Académica "Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental". (Desde o 11 de decembro de 2013).
  • Vogal da Comisión Académica do "Programa Oficial de Doutoramento en Química Ambiental e Fundamental". (Desde o 11 de outubro de 2013).
  • Vogal coordinadora da "Comisión de Calidade da Facultade de Ciencias". (Desde o 20 de maio de 2013).

Publicacións

A profesora Muniategi publicou 18 artigos en revistas científicas,[9] foi coautora ou coeditora de 14 libros colectivos,[10] e dun libro en solitario (a súa tese de doutoramento):

  • Soledad Muniategui (1989): Color, origen botánico y composición del polen apícola. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións. ISBN 84-7191-534-0.[11]

Libros colectivos

  • 2001 - Prevención da contaminación no sector enerxético: refino de petróleo. (Con Vicente Beceiro Veiga, José Manuel Martínez Mayán, Senén Fernández Hermida, Darío Prada Rodríguez, Purificación López Mahía, Dolores Esther Fernández Fernández). Santiago de Compostela: Editorial Colección Técnica Medio Ambiente. D.L.C-1828.
  • 2001 - Prevención da contaminación no sector de transformación da madeira: fabricación de taboleiros. (Con Darío Prada Rodríguez e Purificación López Mahía). Santiago de Compostela: Editorial Colección Técnica Medio Ambiente. D.L.C-1146.
  • 2001 - Prevención da contaminación no sector de transformación da madeira: fabricación de pasta de papel. (Con Darío Prada Rodríguez e Purificación López Mahía). Santiago de Compostela: Editorial Colección Técnica Medio Ambiente. D.L. PO-106.
  • 2001 - Prevención da contaminación no sector de industrias Lácteas. (Con Darío Prada Rodríguez e Purificación López Mahía). Santiago de Compostela: Editorial Colección Técnica Medio Ambiente. D.L.C-135.
  • 2002 - Prevención da contaminación no sector enerxético: centrais térmicas. (Con Darío Prada Rodríguez e Purificación López Mahía). Santiago de Compostela: Editorial Colección Técnica Medio Ambiente. ISBN 84-4533-342-9.
  • 2005 - Importancia industrial y medioambiental de especies metálicas tóxicas. (Con Carmen María Moscoso Pérez, Jorge Moreda Piñeiro, Purificación López Mahía, Dolores Esther Fernández Fernández e Darío Prada Rodríguez). Santiago de Compostela: Editorial Tórculo Artes Gráficas S.L. ISBN 84-6890-900-9.
  • 2007 - "Surfactants in cosmetics. Analytical methods. Determination of surfactants in cosmetics". (Con Mª del Carmen Prieto Blanco. Purificación López Mahía e Darío Prada Rodríguez). Analysis of Cosmetic Products, pp. 297–328. Nova York, NY, USA: Elsevier. ISBN 978-0-4445-2260-3.
  • 2009 - "A comparison of microwave assisted extraction and pressurized fluid extraction with the classical methods in the analysis of persistent organic pollutants from environmental samples%. Con Estefanía Concha Graña, María Piñeiro Iglesias, Purificación López Mahía e Darío Prada Rodríguez). Methods & New Trends in Environmental, Biological and Food Analysis of Persistent Organic Pollutants (POPs). pp. 139-160. Nova York, NY, USA: Elsevier. ISBN 978-81-3080-286-2.
  • 2014 - Jornada sobre estrategias para la innovación de la actividad docente en Química Analítica: contenidos y herramientas. Editora, xunto con Elena Domínguez, Arántzazu Narváez, José Luis Pérez Pavón e M. Torres). Madrid: Sociedad Española de Química Analítica (SEQA). ISBN 978-84-6169-373-3.
  • 2014 - "Conectando las actividades de docencia interactiva con la adquisición de competencias del Grado en Química a través de la asignatura Química, Información y Sociedad". (Con M. C. Prieto Blanco e A. Carlosena-Zubieta). Investigaciones en el contexto universitario actual. pp. 499–503. Barbadás, Ourense: Educación Editora. ISBN 978-84-1552-416-8.
  • 2016 - II Jornada sobre estrategias para la innovación de la actividad docente en Química Analítica: contenidos y herramientas. (Editora, xunto con Elena Domínguez, Arántzazu Narváez, José Luis Perez Pavon e M. Torres). Madrid: SEQA. ISBN 978-84-6089-491-9.
  • 2016 - "Evolution of the targets in environmental analysis". (Con Carmen Moscoso-Pérez, Verónica Fernández González, Purificación López Mahía e Darío Prada Rodríguez). Encyclopedia of Analytical Chemistry. pp. 2–29. Hoboken, New Jersey, USA: John Wiley & Sons, Ltd. ISBN 978-0-4700-2731-8.
  • 2017 - "Surfactants in Cosmetics: Regulatory aspects and analytical methods". (Con María del Carmen Prieto Blanco, M. Fernández-Amado, Purificación López-Mahía e Darío Prada Rodríguez). Analysis of Cosmetic Products (2th edition), pp. 249–287. Nova York, NY, USA: Elsevier Science. ISBN 978-0-4446-3508-2.
  • 2017 - "New Trends in the Analysis of Endocrine Disrupting Compounds in Environmental Samples. Environment: Water and Waste". (Con Noelia Salgueiro González, Purificación López Mahía e Darío Prada Rodríguez). Encyclopedia of Analytical Chemistry: Applications, Theory and Instrumentation, pp. 1–20. Hoboken, New Jersey, USA: John Wiley & Sons, Ltd. ISBN 978-0-4700-2731-8.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas