Química analítica

Estudante facendo análises químicas mediante un fluorímetro.

A química analítica é a parte da química que ten como finalidade o estudo da composición química dun material ou mostra, mediante instrumentos e métodos para separar, identificar e cuantificar a materia.[1] Pretende o recoñecemento e a caracterización de produtos coñecidos ou descoñecidos. Atende ó seguimento da produción (verificar que unha cadea de produción está fabricando un produto conforme as especificacións) até a pescuda policial.

A palabra "análise" ten o sufixo "-lise" que significa "decompor" (ver pirólise, hidrólise, electrólise). En efecto, unha das primeiras preocupacións da química desde Antoine Lavoisier foi de illar e determinar os elementos, os produtos dos cales se compoñen tódolos corpos. A química analítica precisou achar métodos para dividir os corpos complexos e despois caracterizar os corpos elementais.

Até o inicio do século XX, a química analítica facía reaccionar o produto descoñecido cun produto coñecido para obter un outro produto coñecido e, dese xeito, determinar a súa natureza.

Hoxe, utilízanse métodos que permiten determinar e cuantificar moitos elementos dunha soa vez.

Historia

Polarógrafo de Heyrovsky

As características xerais da química analítica foron establecidas a mediados do século XX. Os métodos gravimétricos adoitaban ser preferidos aos volumétricos e o emprego do soplete era común nos laboratorios. Autores como Heinrich Rose (1795-1864) e Karl R. Fresenius (1818-1897) publicaron influentes obras durante eses anos que estableceron as características xerais da disciplina. O segundo foi ademais o editor da primeira revista dedicada exclusivamente á química analítica, Zeitschrift für analytische Chemie (Revista de Química analítica), que comezou a aparecer en 1862. Karl R. Fresenius creou tamén un importante laboratorio dedicado ao ensino da química analítica e á realización de análises químicas para diversas institucións estatais e industrias químicas.

O desenvolvemento dos métodos instrumentais da análise química produciuse no último cuarto do século XIX, grazas ao establecemento dunha serie de correlacións entre as propiedades físicas da espectroscopia e fixeron posible o descubrimento de numerosos elementos. O primeiro método de análise instrumental foi desenvolvido por Robert Bunsen e Gustav Kirchhoff e baseouse na espectroscopia de absorción atómica de chama. Utilizando esta técnica, descubriron en 1860 elementos como o rubidio (Rb) e o cesio (Cs) en 1860.[2] Os novos instrumentos ópticos, como o colorímetro ou o polarímetro, simplificaron e fixeron moito máis rápidas unha gran cantidade de análises de importancia industrial. As leis electroquímicas establecidas por Michael Faraday (1791-1867) e os medicamentos baséanse nas investigacións de autores como Oliver Wolcott Gibbs (1822-1908) e a creación de laboratorios de investigación como o de Alexander Classen (1843-1934) que permitiron que as técnicas de análise electroquímica gañasen importancia nos últimos anos do século XIX.

Na década de 1920, o polaco Jaroslav Heyrovsky (1890-1967) estableceu as bases da polarografía que, máis adiante, se converteu nunha técnica de análise moi importante de determinados ións e foi tamén empregada para o estudo da natureza dos solutos e os mecanismos de reacción en disolución. Outra das técnicas importantes que iniciaron a súa andaina neses primeiros anos do século XX foron a cromatografía que se desenvolveu enormemente nas décadas posteriores. O século XX estivo tamén caracterizado pola chegada de instrumentos como o pH-metro e o gran desenvolvemento dos métodos espectrocópicos, particularmente a espectroscopia infravermella e a resonancia magnética nuclear, que tiveron unha grande aplicación en moitas áreas da química, especialmente na química orgánica.

O final do século XX tamén foi testemuña dunha expansión da aplicación da química analítica nas ciencias forenses, ambientais, histoloxía, cuestións médicas e industriais.[3] A química analítica moderna está dominada pola análise instrumental e moitos analistas químicos especialízanse nun único tipo de instrumento.

Métodos analíticos

Os métodos da química analítica poden ser clasificados da seguinte maneira:

Segundo o tipo: análise cualitativa ou análise cuantitativa. Unha análise cualitativa determina a presenza ou ausencia dun composto en particular, mais non a masa ou a concentración. Por definición, as análises cualitativas non miden a cantidade. A análise cuantitativa é a medida das cantidades de constituíntes químicos particulares presentes nunha substancia.

A mostra é sometida a análise ben para coñecer a identidade dos seus compoñentes ben para determinar a cantidade dos compoñentes presentes. Perante unha mostra descoñecida, é necesario determinar a súa composición cualitativa e a súa composición cuantitativa. Os procedementos experimentais a seguir dependen da información previamente adquirida. Por este motivo a análise cualitativa debe preceder á cuantitativa.

Segundo a maneira de executar a análise: análise clásica ou análise instrumental. As técnicas de análise clásicas (ou non instrumentais) utilizan, en xeral, reaccións cuantitativas en fase acuosa ou medición de volume en fase gasosa. Os instrumentos son simples como balanzas, pHmetros... En xeral son destrutivas.

As técnicas de análise instrumental utilizan uns aparellos que permitem as determinacións baseadas nas propiedades físicas dos elementos a determinar. Estas análises son executadas ben sobre a amostra tal cal, ben sobre sólidos preparados ou sobre solucións das mostras.

Segundo o produto procurado: análise mineral ou orgánica A análise mineral aplícase ós produtos non orgánicos mais tamén ós minerais contidos nos produtos orgánicos como, por exemplo, o chumbo na gasolina.

Segundo a cantidade de mostras utilizadas: macro ou microanálise. Dependendo da técnica utilizada, esta cantidade pode ser da orde da fracción de miligramos até dalgúns gramos. As técnicas de microanálise foron desenvolvidas en análise cualitativa (reaccións con gotas de solución).

Segundo a conservación posterior da mostra: análises destrutivas ou non. En xeral, a análise clásica é destrutiva e a análise instrumental non o é.

Segundo a automaticidade: análise manual ou automática. A análise automática é aplicada na industria para seguir e orientar os parámetros dun proceso. Tamén se aplica en laboratorios que reciben numerosas mostras do mesmo tipo: o seguimento dos parámetros da calidade das augas, por exemplo.

Os métodos que emprega a análise química poden ser:

Os métodos químicos foron utilizados tradicionalmente, xa que non requiren intrumentos moi complexos (tan só pipetas, buretas, matraces, balanzas entre outros) Os métodos fisicoquímicos, porén, requiren un intrumental máis sofisticado, tal como equipos de cromatografía, cristalografía etc.

O estudo dos métodos químicos baséase no equilibrio químico, que pode ser dos seguintes tipos:

Erros

O erro pode definirse como unha diferenza numérica entre o valor observado e o valor verdadeiro.[4] O erro experimental pode dividirse en dous tipos, o erro sistémico e o erro aleatorio. O erro sistémico resulta dun defecto no equipo ou no deseño dun experimento, mentres que o erro aleatorio resulta de variables non controladas ou incontrolables no experimento.[5]

O valor verdadeiro e o valor observado na análise química poden relacionarse entre si mediante a ecuación

onde é o erro absoluto, o valor verdadeiro e o valor observado.

O erro dunha medición é unha medida inversa dunha medición precisa, é dicir, canto menor sexa o erro, maior será a precisión da medición.

Os erros poden expresarse relativamente. Dado o erro relativo ():

A porcentaxe de erro é:

Se se queren usar estes valores nunha función, tamén se pode querer calcular o erro da función. Sexa unha función con variables. Entón debe calcularse a propagación da incerteza para coñecer o erro en :

Notas

  1. Skoog, Douglas A.; West, Donald M.; Holler, F. James; Crouch, Stanley R. (2014). Fundamentals of Analytical Chemistry. Belmont: Brooks/Cole, Cengage Learning. p. 1. ISBN 978-0-495-55832-3. 
  2. Analytical Sciencess, 2001, v.17 supplement [1] Arquivado 23 de agosto de 2012 en Wayback Machine., Basic Education in Analytical Chemistry
  3. Laitinen, H.A. (xaneiro-febreiro de 1989). "History of analytical chemistry in the U.S.A.". Talanta 36 (1–2): 1–9. PMID 18964671. doi:10.1016/0039-9140(89)80077-3. 
  4. G.L. David - Analytical Chemistry
  5. Harris, Daniel C. (29 de maio de 2015). Quantitative chemical analysis. Lucy, Charles A. (9th ed.). Nova York. ISBN 978-1-4641-3538-5. OCLC 915084423. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Skoog, D.A.; West, D.M.; Holler, F.J. Fundamentals of Analytical Chemistry Nova York: Saunders College Publishing, 5a edición, 1988.
  • Bard, A.J.; Faulkner, L.R. Electrochemical Methods: Fundamentals and Applications. Nova York: John Wiley & Sons, 2nd Edition, 2000.
  • Bettencourt da Silva, R; Bulska, E; Godlewska-Zylkiewicz, B; Hedrich, M; Majcen, N; Magnusson, B; Marincic, S; Papadakis, I; Patriarca, M; Vassileva, E; Taylor, P; Analytical measurement: measurement uncertainty and statistics, 2012, ISBN 978-92-79-23070-7.

Ligazóns externas

Read other articles:

Запрос «Миклухо-Маклай» перенаправляется сюда; см. также другие значения. Николай Миклухо-Маклай Имя при рождении Николай Николаевич Миклуха Дата рождения 5 (17) июля 1846 Место рождения Языково, Боровичский уезд, Новгородская губерния, Российская империя Дата смерти 2 (14) ...

 

Chronologies Logo de Bienvenue chez les Ch'tis film culte sorti en 2008.Données clés 2005 2006 2007  2008  2009 2010 2011Décennies :1970 1980 1990  2000  2010 2020 2030Siècles :XIXe XXe  XXIe  XXIIe XXIIIeMillénaires :Ier IIe  IIIe  Chronologies géographiques Afrique Afrique du Sud, Algérie, Angola, Bénin, Botswana, Burkina Faso, Burundi, Cameroun, Cap-Vert, République centrafricaine, Comores, République du Congo, République d...

 

Si ce bandeau n'est plus pertinent, retirez-le. Cliquez ici pour en savoir plus. Cet article ne cite pas suffisamment ses sources (juin 2011). Si vous disposez d'ouvrages ou d'articles de référence ou si vous connaissez des sites web de qualité traitant du thème abordé ici, merci de compléter l'article en donnant les références utiles à sa vérifiabilité et en les liant à la section « Notes et références ». En pratique : Quelles sources sont attendues ? Comm...

2006 single by Mobb Deep Put Em in Their PlaceSingle by Mobb Deepfrom the album Blood Money ReleasedMarch 14, 2006 (2006-03-14)GenreEast Coast hip hopLength4:01Label G-Unit Interscope Songwriter(s) Havoc Prodigy Producer(s) Sha Money XL Havoc Ky Miller Mobb Deep singles chronology Have a Party (2006) Put Em in Their Place (2006) Give It to Me (2006) Put Em in Their Place is the second single from Mobb Deep's Blood Money album. The song is produced by Havoc, Ky Miller, and Sha M...

 

2021 single by Tusse VoicesSingle by TusseReleased27 February 2021 (2021-02-27)GenreElectro-pop[1]Length3:04LabelUniversalSongwriter(s) Joy Deb Linnea Deb Jimmy Joker Thörnfeldt Anderz Wrethov Tusse singles chronology Crash (2020) Voices (2021) Grow (2021) Music videoVoices on YouTubeEurovision Song Contest 2021 entryCountrySwedenArtist(s)TusseLanguagesEnglishComposer(s)Joy DebLinnea DebJimmy Joker ThörnfeldtAnderz WrethovLyricist(s)Joy DebLinnea DebJimmy Joker Thörn...

 

Voce principale: Associazione Sportiva Roma. AS RomaStagione 1938-1939Una formazione della Roma nel 1938-1939 Sport calcio Squadra Roma Allenatore Guido Ara Presidente Igino Betti Serie A5º Coppa ItaliaQuarti di finale Maggiori presenzeCampionato: Alghisi (30)Totale: Alghisi (33) Miglior marcatoreCampionato: Michelini (13)Totale: Michelini (13) StadioCampo Testaccio 1937-1938 1939-1940 Si invita a seguire il modello di voce Questa voce raccoglie le informazioni riguardanti l'Associazio...

Montenegrin military officer This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (February 2013) (Learn how and when to remove this message) Krsto PopovićNative nameКрсто ПоповићNickname(s)Krsto ZrnovBorn13 September 1881Lipa, Cetinje, MontenegroDied14 March 1947(1947-03-14) (aged 65)Grahovo, PR Montenegro, YugoslaviaAllegiance Principality ...

 

The Chavasse family in the West Midlands is a British family of Catholic origin. When Claude Chavasse came from the borders of France and Savoy, he settled in Burford, Oxfordshire. His entry in the Burial Register there (April 1734) states: Claude Chavasse, a Roman Catholick (sic). Members of the family gained particular prominence as surgeons and clergymen. Members of the family still live in the United Kingdom today. History Noel Chavasse VC and Bar, wearing the glengarry of the Liverpool ...

 

土库曼斯坦总统土库曼斯坦国徽土库曼斯坦总统旗現任谢尔达尔·别尔德穆哈梅多夫自2022年3月19日官邸阿什哈巴德总统府(Oguzkhan Presidential Palace)機關所在地阿什哈巴德任命者直接选举任期7年,可连选连任首任萨帕尔穆拉特·尼亚佐夫设立1991年10月27日 土库曼斯坦土库曼斯坦政府与政治 国家政府 土库曼斯坦宪法 国旗 国徽 国歌 立法機關(英语:National Council of Turkmenistan) ...

Town and city municipality in Southern and Eastern Serbia, SerbiaKostolac КостолацTown and city municipality Coat of armsKostolacCoordinates: 44°42′53″N 21°10′12″E / 44.71472°N 21.17000°E / 44.71472; 21.17000Country SerbiaRegionSouthern and Eastern SerbiaDistrictBraničevoCityPožarevacGovernment • Municipality presidentSerdžo Krstanoski (SNS)Area[1] • Urban9.76 km2 (3.77 sq mi) • Muni...

 

Bicameral national assembly of Jordan Jordanian Parliament مجلس الأمةMajlis Al-Umma19th Parliament of JordanTypeTypeBicameral HousesSenate House of RepresentativesTerm limits4 yearsHistoryFoundedJanuary 1, 1952 (1952-01-01)LeadershipPresident of the SenateFaisal Al-Fayez, Independent since 7 November 2016 Speaker of the House of RepresentativesAhmed Safadi, Independent since November 15, 2022 StructureSeats195 members:65 senators130 representativesSenate politi...

 

Diagnostic microbiology is the study of microbial identification. Since the discovery of the germ theory of disease, scientists have been finding ways to harvest specific organisms. Using methods such as differential media or genome sequencing, physicians and scientists can observe novel functions in organisms for more effective and accurate diagnosis of organisms. Methods used in diagnostic microbiology are often used to take advantage of a particular difference in organisms and attain infor...

First United States human spaceflight (1961) Mercury-Redstone 3Still frame of Alan Shepard taken by a motion picture camera aboard Freedom 7Mission typeTest flightOperatorNASAMission duration15 minutes, 28 seconds[1]Range263.1 nautical miles (302.8 statute miles, 487.3 km)Apogee101.2 nautical miles (116.5 statute miles, 187.5 km) Spacecraft propertiesSpacecraftMercury No.7ManufacturerMcDonnell AircraftLaunch mass4,040 pounds (1,830 kg)Landing mass2,316 pounds (1,051 kg) Crew...

 

Emperor of Vietnam (reigned 20–23 July 1883) For the massacre in a village of a similar name, see Duc Duc massacre. Emperor Dục Đức育德帝Tomb of Dục Đức in HuếEmperor of Đại NamReign20 July 1883 – 23 July 1883PredecessorTự ĐứcSuccessorHiệp HòaRegentTôn Thất Thuyết, Nguyễn Văn Tường & Trần Tiễn ThànhEmperor of the Nguyễn dynastyReign20 July 1883 – 23 July 1883PredecessorTự ĐứcSuccessorHiệp HòaBorn23 February 1852Imperial City, Huế...

 

Laura MalmivaaraMalmivaara, 2008Lahir26 Oktober 1973 (umur 50)Kajaanin maalaiskunta [fi], FinlandPekerjaanAktris, penyanyi, fotografer, pembawa acara televisi, blogger, modelTahun aktif1993–sekarangSuami/istriAku Louhimies (2003–2012)KerabatOlli Malmivaara (saudara)Malla Malmivaara (sepupu) Laura Pauliina Malmivaara (lahir 26 Oktober 1973) adalah seorang aktris asal Finlandia.[1][2] Karier aktingnya dimulai pada tahun 1993, dan mencakup lusinan pera...

Albert Citycity(EN) Albert City, Iowa Albert City – Veduta LocalizzazioneStato Stati Uniti Stato federato Iowa ConteaBuena Vista TerritorioCoordinate42°46′51″N 94°57′02″W42°46′51″N, 94°57′02″W (Albert City) Altitudine402 m s.l.m. Superficie1,4 km² Abitanti709 (2000) Densità506,43 ab./km² Altre informazioniCod. postale50510 Prefisso712 Fuso orarioUTC-6 CartografiaAlbert City Albert City – Mappa Sito istituzionaleModifica dati su Wikidata...

 

Russian cross-country skier Alexander LegkovAleksandr Legkov at the World Championships 2007 in Sapporo, JapanCountryRussianFull nameAlexander Gennadiyevich LegkovBorn (1983-05-07) 7 May 1983 (age 41)Krasnoarmeysk, Russian SFSR, Soviet UnionHeight1.77 m (5 ft 10 in)Ski clubDinamoWorld Cup careerSeasons15 – (2003–2017)Starts212Podiums35Wins9Overall titles0 – (2nd in 2007, 2013, 2014)Discipline titles1 – (1 DI: 2013) Medal record Men's cross-count...

 

Fred TatascioreTatasciore di WonderCon 2018Lahir15 Juni 1967 (umur 57)New York City, Amerika SerikatPekerjaanPengisian suaraTahun aktif1995–sekarang Fred Tatasciore (/ˈtætəʃɔːr/; Italia: [tataʃˈʃoːre]; lahir 15 Juni 1967)[1] adalah pengisi suara Amerika yang telah memberikan berbagai suara dalam film animasi, film live-action, acara televisi, dan video game. Dia saat ini bersuara Yosemite Sam, Gossamer, Peter Potamus, Reddy dan Droop-a-Long Coyote, dan H...

Fictional character from Days of Our Lives Soap opera character Xander KiriakisDays of Our Lives characterPortrayed byPaul TelferDuration2015–presentFirst appearanceMarch 24, 2015 (2015-03-24)ClassificationPresent; regularCreated byGary Tomlin and Christopher WhitesellIntroduced byKen Corday, Lisa de Cazotte and Greg MengSpin-offappearancesDays of Our Lives: A Very Salem Christmas (2021)In-universe informationOther namesAlexander KiriakisAlexandros Kiriaki...

 

Picture of Nader Shah and two of his sons Nader Shah's Sword (Persian: شمشیر نادرشاه) refers to the sword carried by Iranian ruler Nader Shah (r. 1736–1747). It is located in Tehran, Iran.[1] Under later Iranian ruler Fath-Ali Shah Qajar (r. 1797–1834), some fifty years or more later, it was inscribed and embellished.[1] The scabbard of the sword is covered with diamonds.[1] The modern historian Michael Axworthy notes that Nader used the ima...