A caída do Imperio Bizantino en 1453 supuxo un punto de inflexión na vida de Zoe. Sete anos máis tarde, en 1460, a armada otomá atacou Morea e Tomé e a súa familia tivo que escapar a Corfu e, máis tarde, a Roma, onde Tomé entrou na cidade como Emperador Bizantino o 7 de marzo de 1461. Catarina, que quedara en Corfu cos seus fillos, finou o 16 de agosto de 1462, mentres que Zoe e os seus irmáns permanecerían aló até 1465 ano en que finalmente parten cara Roma.[2] En Roma o seu nome grego Zoe foi cambiado a Sofía.[1]
Ao pasar dos anos, Sofía foi gañando influencia nas decisións do seu ancián marido. Crese que foi a primeira en introducir no Kremlin a magnífica e meticulosa etiqueta das cerimonias bizantinas, coa idea de converter a Moscova na Terceira Roma.
Morte
O triunfo do seu fillo foi o último evento importante na vida de Sofía. Esta lograra que Iván III nomeara como o seu sucesor a Basilio, pasando así por alto a Iván, o fillo de María de Tver. Sofía finou o 7 de abril de 1503, dos anos antes que o seu marido (quen finou o 27 de outubro de 1505).
A catedral da Dormición foi destruída en 1929, e os restos de Sofía, así como doutras consortes reais, foron transferidas a unha cámara subterránea na Catedral do Arcanxo Miguel.
Notas
↑ 1,01,1de Madariaga, Isabel (2008). Ivan den förskräcklige(en sueco)..
↑Steven Runciman: The Fall of Constantinople (London: Cambridge, 1969), p. 182.