As Sociedades de Clasificación son organizacións xurdidas no sector naval e adicadas á seguridade marítima, humana e do ambiente e non vencelladas a ningún goberno estatal[1].
Historia
As sociedades de clasificación xurdiron na segunda metade do século XVIII pola necesidade de garantir a seguridade no sector naval. Ofrecer información dos buques, armadores, aseguradores e a administración. Nun principio eran só listas nas que se informaba do estado xeral do buque por medio dunhas valoracións. Canto mellor era o buque recibía unha máis alta puntuación e polo tanto era premiado con custos do seguro máis baixos. Co tempo estas valoracións limítanse aos dous únicos niveis actuais: A1 ou non válido. As sociedades de clasificación ofrecen servizos de asesoramento e información no sector naval. Nos últimos anos ampliaron o seu sector de traballo dando tamén servizos a todo tipo de industrias.
Os buques a artefactos flotantes deben ser deseñados, construídos, operados e reparados segundo as normativas da sociedade de clasificación na que estean rexistrados.