A Sociedade Numismática Chinesa (en chinés: 中国钱币学会; en pinyin: Zhōngguó qiánbì xuéhuì) é unha entidade asociativa de carácter numismático establecida na República Popular da China, que ten a súa sede social no Museo Numismático da China en Pequín.[1]
Funcionamento
A Sociedade Numismática Chinesa fundouse en Pequín en 1982.[2] Trátase dunha asociación académica, non gobernamental, que está rexistrada nos ficheiros do Ministerio de Asuntos Civís. A Sociedade forma parte do Consello Internacional de Numismática (INC-CIN).[1]
Pola súa vez, está composta por diferentes entidades e institutos de investigación numismática, ademais de coleccionistas e outras persoas a título particular. Consonte os seus estatutos, algúns dos seus obxectivos principais son a unión de todos os individuos vinculados á numismática e a organización de diversas actividades académicas nese ámbito, así como o impulso dos estudos e das investigacións numismáticas e sobre a historia monetaria chinesa.[1]
A Sociedade Numismática Chinesa está suxeita á supervisión do Banco Popular da China e do Ministerio de Asuntos Civís do país. Do mesmo modo, atende ás orientacións da Academia Chinesa de Ciencias Sociais e do Ministerio de Cultura e da Administración Estatal do Patrimonio Cultural.[1]
Publicacións
中国钱币 – China Numismatics
É unha publicación periódica de carácter bimensual coeditada desde 1983 pola Sociedade Numismática Chinesa e o Museo Numismático da China. Trátase da única publicación de carácter académico centrada na numismática e na historia monetaria chinesas, aínda que en ocasións estende o seu obxecto de interese á moeda doutros países.[3]
A revista conta con seccións fixas, como "Foro numismático", "Investigación de historia monetaria", "Moeda bancaria e papel moeda", "Achados e tesouros" ou "Tendencias no coleccionismo de moedas".[3]
Anualmente, publica un sumario de traballos de investigación numismática que nos últimos anos se converteu na achega chinesa á serie Survey of Numismatic Literature, do Consello Internacional de Numismática.
Monografías
A Sociedade Numismática Chinesa publica unha serie de monografías acerca da historia monetaria da China, que xa supera a vintena de volumes:
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Asociacións relacionadas coa numismática |
---|
Ámbito internacional | |
---|
Europa | |
---|
América | |
---|
Asia, África e Oceanía | |
---|
Véxase tamén | |
---|