Smiley é unha serie de televisión española dirixida por David Martín Porras e Marta Pahissa, baseada na obra de teatro homónima de Guillem Clua.[1] Producida por Minoria Absoluta, está interpretada por Carlos Cuevas, Miki Esparbé, Pepón Nieto, Meritxell Calvo e Giannina Fruttero, entre outros. Está gravada principalmente en castelán e, nalgúns diálogos, en catalán. Ambientada en Barcelona, a serie relata unha relación entre dous homes.[2][3]
Sinopse
Álex acaba de superar un desengano amoroso e Bruno xamais pensaría que puidese sentir atracción por alguén como Álex. Aínda así, unha equivocación (Álex envíalle unha nota de voz por erro) fai que os dous se coñezan e comecen a construír unha relación.[4]
Elenco
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas