Sinfonía n.º 1 (Shostakovich)

Shostakovich en 1925.

A Sinfonía Nº1 en Fa menor Op. 39 de Dmitrii Shostakovich foi composta entre 1924 e 1925. A súa estrea tivo lugar en Leningrado coa Filharmónica de Leningrado baixo a batuta de Nikolai Malko o 12 de maio de 1926.[1] A obra foi o traballo de graduación de Shostakovich no Conservatorio de Petrogrado, rematándoa aos 19 anos de idade.[1]

Historia

A cigarra e a formiga, ilustrado por Milo Winter nunha antoloxía de Esopo de 1919.

Shostakovich escribiu esta obra entre outubro de 1924 e xuño de 1925,[2] como exercicio de graduación para a clase de composición de Maximilian Steinberg no Conservatorio de Leningrado, e partes do material empregado poden ser moi anteriores á súa composición. Cando a tía do compositor, Nadezhda Galli-Shohat, escoitou a obra na súa estrea americana realizada por Leopold Stokowski á fronte da Philadelphia Orchestra, recoñeceu nela moitos fragmentos que ela escoitara tocar de pequeno a Mitya. Algúns destes fragmentos foron asociados coa narración de La Fontaine da fábula de Esopo de A cigarra e a formiga e The Little Mermaid de Hans Christian Andersen.[3]

O inmediato paralelo ó compositor de 19 anos que presenta a súa primeira sinfonía era Alexander Glazunov, un neno prodixio que presentou a súa Primeira Sinfonía a unha idade incluso menor. Glazunov puido terse recoñecido en Shostakovich como un eco da súa nenez. Como director do Conservatorio de San Petersburgo, Glazunov seguira o progreso de Shostakovich desde a súa entrada nel ós 13 anos.[4]

Tamén arranxou para a estrea a Sinfonía de Shostakovich, que tivo lugar 44 anos despois da presentación da primeira Sinfonía de Glazunov na mesma sala.[5] Noutro exemplo de déjà vu cos anos iniciais de Glazunov, a sinfonía causou case tanta sensación como a aparición do mozo Shostakovich no escenario saudando desamañadamente.[6]

Esta sinfonía foi un tremendo éxito dende a súa estrea, e aínda se considera hoxe como unha das obras máis acabadas de Shostakovich.[Cómpre referencia] Ofrece unha interesante e característica combinación de animación e sensatez por unha banda, e drama e traxedia pola outra. En varios sentidos é unha reminiscencia das obras de Igor Stravinskii e Sergei Prokofiev.[Cómpre referencia] A orquestración transparente e camerística da Primeira Sinfonía contrasta coas complexas e sofisticadas orquestracións Mahlerianas que se atopan en moitas das súas sinfonías máis tardías, e a seguridade coa que o compositor maxina e manexa estruturas con grandes escalas, é tan impresionante como o vigor e frescura da súa expresión.[7]

Estrutura

A obra está composta por catro movementos (os dous últimos interpretados sen interrupción) e ten unha duración aproximada de media hora.

  1. Allegretto - Allegro non troppo
    A sinfonía comeza cunha sección introdutoria Allegretto que se desenvolve dende un dúo entre a trompeta solista e o fagot. Isto nos leva ao primeiro suxeito propiamente dito, un animado Allegro a modo de marcha con reminiscencias do vaudeville e a música do teatro que Shostakovich puido ter descuberto durante a súa etapa de pianista no cine. O segundo suxeito é ostensiblemente un valse, mais está escrito de feito nun compás binario; a melodía da frauta busca o seu camiño por varias seccións da orquestra. O desenvolvemento conta cun regreso aos grotescos simulacros cómicos, aínda que a estrutura en forma sonata do movemento é totalmente convencional.
  2. Allegro - Meno mosso - Allegro - Meno mosso
    No segundo movemento preséntase unha 'saída en falso' nos violonchelos e contrabaixos antes dun scherzo frenético que comeza no clarinete. O piano preséntase por primeira vez con rápidos pasaxes de escalas antes dun estado de ánimo máis sombrío desenvolvido na segunda sección do movemento (Meno mosso). Unha vez máis, Shostakovich escribe un pasaxe ternario en dous, con melodías pasando polas frautas, os clarinetes, as cordas, os óboes, os piccolos, novamente os clarinetes, cando as cordas e os ferriños tocan de fondo. O fagot nos leva outra vez ao Allegro inicial. O clímax ten lugar cunha combinación das dúas melodías presentadas enteriormente no movemento seguidas por unha coda que é anunciada polos acordes moi espazados no piano e os harmónicos no violín.
  3. Lento - Largo - Lento (attacca:)
    O terceiro movemento comeza cun escuro solo de óboe que se traslada ao violonchelo solista, e procede a desenvolver un crescendo, presentando unha cita de Siegfried de Wagner. Hai tamén unha pasaxe pianissimo nas cordas que anticipa a passacaglia da Oitava Sinfonía.
  4. Allegro molto - Lento - Allegro molto - Meno mosso - Allegro molto - Molto meno mosso - Adagio
    Hai un redobre de tambor attacca que enlaza o terceiro e o cuarto movemento. Despois doutra pasaxe sombría, a música entra subitamente na sección Allegro molto cunhamelodía moi rápida no clarinete e nas cordas. Isto chega a un furioso clímax, despois do cal a calma descende e escoitase outra cita de Wagner. A seguinte sección Allegro culmina nun solo dos timbais en fortissimo, un motivo rítmico que foi presentado no terceiro movemento. Unha pasaxe do violonchelo solista e o resto das cordas con xordina empregan habilmente este motivo xunto con outros elementos, que nos conduce a unha coda que finaliza a obra cunha conmovedora figuración como de fanfarria nos metais.

Orquestración

Instrumentación da Sinfonía Nº 1
Madeiras
3 frautas (II e III dobran con piccolo), 2 óboes, 2 clarinetes, 2 fagots
Metais
4 trompas, 3 Trompetas, trompeta alto, 3 trombóns, Tuba
Percusión
Timpani, ferriños, bombo, pratos, caixa, tam-tam, glockenspiel
Cordas
Violíns (I e II), violas, violonchelos, contrabaixos, arpa
Teclado
Piano

Características

Comparacións con Glazunov

Como, do mesmo xeito que Glazunov, Shostakovich era aínda un adolescente cando escribiu a súa Primeira Sinfonía, é normal que algúns críticos a comparen coa Primeira Sinfonía de Glazunov. Só unha comparación dos dous movementos lentos saca á luz a natureza plena do logro de Shostakovich. O Glazunov de 15 anos era inmensamente musical e articulado. Porén, mentres Shostakovich amosa unha cantidade considerable de recursos internos, Glazunov recorre aos procedementos musicais dos nacionalistas, como Borodin e Rimskii-Korsakov. Mentres que Shostakovich revela unha longa débeda coa tradición sinfónica rusa, é a experiencia vital espiritual sendo transmitida o que destaca, non as influencias formulativas no seu estilo. En definitiva, mostra unha imaxinación e un grao de compaixón máis aló dunha visión xuvenil.[8]

Vaslav Nijinsky no papel de Petrushka. O ballet de Igor Stravinskii puido ter influenciado a Shostakovich.

Influencias

A causa da mentalidade tradicionalista do Conservatorio, Shostakovich non descubriu a música de Igor Stravinskii ata os seus últimos anos de adolescencia. O efecto da escoita desta música foi inmediato e radical,[9] con composicións de Stravinsky continuando a exercer unha considerable influencia sobre Shostakovich.[10] Algúns críticos teñen suxerido que a Primeira Sinfonía foi influenciada polo ballet de Stravinsky Petrushka, non só pola prominencia da parte de piano na orquestración, senón tamén polo ton xeral de sátira na primeira metade da sinfonía. Debido a que o argumento no ballet de Stravinsky é a crónica das travesuras condenadas dunha marioneta animada, puido ter reflectido as súas observacións sobre os aspectos mecánicos da conduta humana e apelar directamente ao sátiro nel mesmo.[9]

Petrushka non foi a única influencia neste sentido. A idea dos seres humanos como máquinas ou marionetas, coas súas vontades libres unidas pola bioloxía e o condutismo, foi un tema moi en voga. Algúns exemplos musicais inclúen o Pierrot Lunaire de Arnold Schoenberg e a ópera Wozzeck de Alban Berg —dúas obras admiradas por Shostakovich-. Mesmo o seu cariño por Charlie Chaplin, argumentan algúns, puido ter caído nesta categoría.[9] Aínda outra influencia musical, suxerida pola frase introdutoria do clarinete que chega a ser empregada considerablemente no transcurso da sinfonía, é o poema sinfónico de Richard Strauss Till Eulenspiegels lustige Streiche.[7]

Ao final do segundo movemento, Shostakovich revela a súa maior sorpresa xirando o ton da sinfonía, de repente e sen previo aviso, de patetismo e sátira a traxedia. A influencia cambia do mesmo xeito de Stravinsky a Chaikovskii e Mahler,[11] con Shostakovich amosando a un compositor adolescente que ten moito que dicir, e moito de sorprendente profundidade.[7]

Gravacións destacadas

Algunhas das gravacións máis destacadas son as seguintes:

Orquestra Director Selo Ano de gravación Formato
NBC Symphony Orchestra Arturo Toscanini Urania 1944* CD
NBC Symphony Orchestra Arturo Toscanini RCA Victor Gold Seal 1951* CD
Philadelphia Orchestra Eugene Ormandy Sony Classical 1959 CD
Česká filharmonie Karel Ancerl Supraphon 1964 CD
BBC Symphony Orchestra Rudolf Kempe BBC Legends 1965 CD
Berliner Sinfonie-Orchester Kurt Sanderling Berlin Classics 1983 CD
Royal Scottish National Orchestra Neeme Jarvi Chandos Records 1984 CD
Royal Philharmonic Orchestra Vladimir Ashkenazy Decca Records 1988 CD
Chicago Symphony Orchestra Leonard Bernstein Deutsche Grammophon 1988 CD
Schleswig-Holstein Festival Orchestra Leonard Bernstein Medici Arts/Euroarts 1988 DVD
National Symphony Orchestra Mstislav Rostropovich Teldec 1993 CD
Berliner Philharmoniker Mariss Jansons EMI Classics 1994 CD
Cincinnati Symphony Orchestra Jesús López Cobos Telarc 2000 CD
London Philharmonic Orchestra Kurt Masur LPO 2004 CD
Orchestra Sinfonica di Milano Giuseppe Verdi Oleg Caetani Arts Music 2004 CD
Berliner Philharmoniker Sir Simon Rattle EMI Classics 2005 CD
Philharmonia Orchestra Efrem Kurtz EMI Classics CD
Hallé Orchestra Stanislaw Skrowaczewski Hallé SACD
Symfonický orchestr hlavního města Prahy FOK Maxim Shostakovich Supraphon CD
Mariinsky Theatre Orchestra Valeri Gérgiev Mariinsky CD
Royal Liverpool Philharmonic Orchestra Vasily Petrenko Naxos Records CD

* = gravación mono
Fonte: arkivmusic.com (gravacións recomendadas seleccionadas en base aos comentarios críticos)

Notas

  1. 1,0 1,1 The New Grove Dictionary of Music and Musicians
  2. Whitehouse R, notas á gravación da obra realizada pola Royal Philharmonic Orchestra baixo a dirección de Vasily Petrenko para Naxos
  3. Steinberg, 539.
  4. MacDonald, 22.
  5. Volkov, Saint Petersburg, 355.
  6. MacDonald, 28.
  7. 7,0 7,1 7,2 Steinberg, 540.
  8. Layton, 199-200.
  9. 9,0 9,1 9,2 MacDonald, 29.
  10. Volkov, St. Petersburg, 428.
  11. Macdonald, 29-30.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Read other articles:

Christina StürmerInformasi latar belakangAsalAustriaGenreRockTahun aktif2003 – sekarangLabelPolydorSitus webwww.christinaonline.atAnggotaChristina StürmerHartmut KammKlaus Pérez-SaladoGwenael DammanOliver Varga Christina Stürmer (lahir 9 Juni 1982) merupakan seorang penyanyi berkebangsaan Austria. Dia merupakan penyanyi bergenre pop/rock. Dia dilahirkan di Altenberg. Dia berkarier di dunia musik sejak tahun 2003. Membentuk grup musik sendiri pada tahun 2003. Diskografi Schwarz Weiss (Bl...

 

Untuk konvergensi media digital, lihat Konvergensi teknologi. Sebagian peta pemusatan kepemilikan media di Amerika Serikat per tahun 2019 (dalam bahasa Inggris) Pemusatan kepemilikan media, konsentrasi kepemilikan media, atau konsolidasi media adalah proses di mana semakin sedikit individu atau organisasi yang mengendalikan media massa.[1] Penelitian-penelitian kontemporer menunjukkan peningkatan tingkat konsolidasi, dengan banyak industri media yang sudah sangat terkonsentrasi dan di...

 

Aantaliyakota sensus (census town)Peta India. BenderaLambangNegaraIndiaNegara bagianGujaratDistrikNavsarikota sensus (census town)AantaliyaPopulasi (2001) • Total4,989 • Melek huruf3.795 (2.228 lelaki 1.567 perempuan) • Jenis kelamin59% lelaki dan 41% perempuanZona waktuGMT • Musim panas (DST)GMTbawah 6 tahun506 (2001) Aantaliya ialah sebuah kota sensus (census town) yang terletak di Distrik Navsari di negara bagian Gujarat, India. Demograf...

British politician (1946–2005) For other people named Robin Cook, see Robin Cook (disambiguation). The Right HonourableRobin CookOfficial portrait, 2000President of the Party of European SocialistsIn office11 June 2001 – 24 July 2004Preceded byRudolf ScharpingSucceeded byPoul Nyrup RasmussenLeader of the House of CommonsLord President of the CouncilIn office8 June 2001 – 17 March 2003Prime MinisterTony BlairPreceded byMargaret BeckettSucceeded byJohn ReidSecretary of S...

 

Sant'Angelo in Pontanocomune Sant'Angelo in Pontano – Veduta LocalizzazioneStato Italia Regione Marche Provincia Macerata AmministrazioneSindacoVanda Broglia (lista civica) dal 27-5-2019 TerritorioCoordinate43°05′57.41″N 13°23′43.15″E / 43.099281°N 13.395319°E43.099281; 13.395319 (Sant'Angelo in Pontano)Coordinate: 43°05′57.41″N 13°23′43.15″E / 43.099281°N 13.395319°E43.099281; 13.395319 (Sant'Angelo in P...

 

Media and entertainment conglomerate in the Philippines This article is about the Philippine media and entertainment conglomerate. For the television channel, see ABS-CBN. ABS-CBN Broadcasting Corporation redirects here. For other uses, see ABS-CBN (disambiguation). This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article contains content that is written like an advertisement. Please ...

Kepala daerah, dalam konteks Indonesia, adalah gubernur (kepala daerah provinsi), bupati (kepala daerah kabupaten), atau wali kota (kepala daerah kota). Kepala daerah dibantu oleh seorang Wakil gubernur, Wakil bupati, dan Wakil wali kota. Sejak tahun 2005, pasangan kepala daerah dan wakil kepala daerah dipilih secara langsung oleh rakyat melalui Pemilihan Umum Kepala Daerah dan Wakil Kepala Daerah (Pilkada). Pasangan tersebut dicalonkan oleh partai politik dan/atau independen. Persyaratan Sya...

 

У этого термина существуют и другие значения, см. Западный округ. Западный внутригородской округ город Краснодар Дата основания 1936 год Дата упразднения 1994 Прежние имена Кагановичский, Ленинский районы Микрорайоны Дубинка, Черёмушки, Покровка Площадь 22[1]  км² Насе...

 

«Finalmente! Dopo tanti tentativi infruttosi, finalmente anche la sportiva Milano avrà una società per il giuoco del football. Lo scopo di questa nuova società sportiva è quello nobilissimo di formare una squadra milanese per concorrere alla Coppa Italiana della prossima primavera. All'uopo, la presidenza ha già fatto pratiche ed ottenuto per gli allenamenti il vasto locale del Trotter. La nuova società avverte che chiunque desideri imparare il football non avrà che recarsi al Trotte...

2016年美國總統選舉 ← 2012 2016年11月8日 2020 → 538個選舉人團席位獲勝需270票民意調查投票率55.7%[1][2] ▲ 0.8 %   获提名人 唐納·川普 希拉莉·克林頓 政党 共和黨 民主党 家鄉州 紐約州 紐約州 竞选搭档 迈克·彭斯 蒂姆·凱恩 选举人票 304[3][4][註 1] 227[5] 胜出州/省 30 + 緬-2 20 + DC 民選得票 62,984,828[6] 65,853,514[6]...

 

Questa voce sull'argomento cestisti statunitensi è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Derrick Favors Favors con la maglia degli Utah Jazz nel 2018 Nazionalità  Stati Uniti Altezza 208 cm Peso 120 kg Pallacanestro Ruolo Ala grande / centro Squadra  Windy City Bulls CarrieraGiovanili 2007-2009South Atlanta High School2009-2010 Georgia T. Yel. Jack.36 (448)Squadre di club 2010-2...

 

Circle of latitude This article is about the circle of latitude. For the novel The 42nd Parallel by John Dos Passos, see U.S.A. trilogy. This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: 42nd parallel north – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (October 2021) (Learn how and when to remove this message)...

Los derechos de los animales de Henry Stephens Salt [editar datos en Wikidata] Los derechos de los animales es un libro publicado en 1892 por el reformista social británico Henry Stephens Salt.[1]​ Está considerado como el primer libro en tratar explícitamente el concepto de derechos de los animales como tales.[2]​ Contenido En el libro Salt critica el especismo, aunque el término no sería acuñado hasta tiempo después. Asimismo, ataca la práctica de la vivis...

 

Events from the year 1661 in Qing China ← 1660 1659 1658 1657 1656 1661 in China → 1662 1663 1664 1665 1666 Decades: 1640s 1650s 1660s 1670s 1680s See also:Other events of 1661History of China  • Timeline  • Years Events from the year 1661 in the Qing dynasty. Incumbents Shunzhi Emperor (17th year) Kangxi Emperor Regents — Sonin, Ebilun, Suksaha, and Oboi Viceroys Viceroy of Zhili — Miao Cheng Viceroy of Min-Zhe — Zhao Guozuo, Zhao Tingchen Vi...

 

هذه الصفحة صفحة نقاش مخصصة للتحاور بخصوص الإمبراطورية الفارسية. إذا كنت تريد مناقشة أمر عن ويكيبيديا نفسها بصفة عامة، توجَّه إلى الميدان. وقِّع عند الانتهاء من كل مداخلة بكتابة أربع مدات ~~~~ مواضيع النقاش الجديدة تكون أسفل صفحة النقاش؛ اضغط هنا لبداية موضوع جديد.         �...

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Oktober 2016. Artikel ini tidak memiliki referensi atau sumber tepercaya sehingga isinya tidak bisa dipastikan. Tolong bantu perbaiki artikel ini dengan menambahkan referensi yang layak. Tulisan tanpa sumber dapat dipertanyakan dan dihapus sewaktu-waktu.Cari sumber:...

 

Austronesian languages spoken by the Taiwanese Aborigines Not to be confused with Languages of Taiwan or the constructed Formosan language invented by George Psalmanazar. Paiwanic languages redirects here. Not to be confused with Paiwan language. Formosan(geographic)EthnicityTaiwanese Aborigines (Formosan people)GeographicdistributionTaiwanLinguistic classificationAustronesianFormosanSubdivisions East Formosan Northwest Formosan Western Plains Atayalic Bunun Tsouic Rukai Puyuma Paiwan ISO 639...

 

English rugby league club For the speedway team, see Rochdale Hornets (speedway). This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Rochdale Hornets – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (December 2014) (Learn how and when to remove this message) Rochdale Hornets RLFCClub informationFull nameRochdale H...

Masjid TarsusTarsus CamiiAgamaAfiliasiIslam – SunniProvinsiMersinLokasiLokasiTarsusNegara TurkiArsitekturTipeMasjidGaya arsitekturTurki dengan sedikit sentuhan arsitektur UtsmaniyahDidirikan1579SpesifikasiKubah6Menara1 Masjid Tarsus (bahasa Turki: Tarsus Camii), secara resmi bernama Masjid Raya Tarsus (bahasa Turki: Tarsus Ulucamii) adalah sebuah masjid bersejarah peninggalan Kesultanan Utsmaniyah yang berada di kota Tarsus, Provinsi Mersin, Turki. Masjid ini dibangun pada tahun 1579 s...

 

BuzzaccariniSicut aquila sicut turresInquartato: nel 1° e 4° di rosso all'aquila di argento, coronata, rostrata e membrata d'oro, con le ali abbassate, caricata ciascuna da un semicerchio convesso movente dal petto e trifogliato all'infuori, il tutto d'oro; al 2° e 3° d'oro a due torri cimate di una torricella coperta, il tutto di rosso: e sul tutto, partito d'argento e di verde colla bordatura partita dell'uno all'altro[1].StatoPadova TitoliMarchese (m), Nobile (mf), patrizio ven...