Simin Behbahani

Modelo:BiografíaSimin Behbahani

(2007) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fa) سیمین بهبهانی Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fa) Siminbar Khalili Editar o valor en Wikidata
20 de xullo de 1927 Editar o valor en Wikidata
Teherán, Irán Editar o valor en Wikidata
Morte19 de agosto de 2014 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Teherán, Irán Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBehesht-e Zahra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Teherán Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoetisa, letrista, escritora, compositora de cancións Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1941 Editar o valor en Wikidata - 2014 Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisAbbās Khalili Editar o valor en Wikidata  e Fakhr-e Ozmā Arghun Editar o valor en Wikidata
ParentesJaʻfar al-Khalili, tío paterno
Abolhassan Tahami Nejad, xenro Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Discogs: 4232660 Editar o valor en Wikidata
Simin Behbahani en Washington DC, ca. 1990.


Simin Behbahani (persa: سیمین بهبهانی, tamén transcrito como Bihbahani), nada en Teherán o 20 de xullo de 1927 e finada na mesma cidade o 19 de agosto de 2014, foi unha escritora e activista iraniana. É coñecida pola súa obra poética no estilo ghazal. Foi unha icona da poesía persa moderna, e da intelligentsia e a literatura iraniana, coñecida como "a leoa de Irán".[1][2] Foi nomeada dúas veces ao Premio Nobel de Literatura, en 1999 e 2002, e recibiu diversos recoñecementos en todo o mundo[3], como o Premio de Poesía Janus Pannonius do PEN Club de Hungría en 2013[4]

Traxectoria

Simin Behbahani, nada co nome de Simin Khalili (persa: سیمین خلیلی)[5] (سيمين خليلی), foi a filla de Abbās Khalili (عباس خلیلی), poeta, escritor e editor do xornal Eghdām ("Acción"), e Fakhr-e Ozmā Arghun (فخرعظمی ارغون), poeta e profesora de lingua francesa. Comezou a escribir poesía aos doce anos, e publicou o seu primeiro poema aos catorce. Usou o estilo "Char Pareh" de Nima Yooshij, e despois comezou a escribir ghazal. Behbahani contribuíu a un desenvolvemento histórico do xénero engadindo elementos teatrais e eventos e conversas cotiás ao estilo da poesía ghazal, expandindo o uso do verso tradicional persa.

Obra

  • Seh-tar-e Shekasteh ("O laúde roto", 1951)
  • Ja-ye Pa ("A pegada", 1954)
  • Chelcheragh ("Candelabro", 1955)
  • Marmar ("Mármore", 1961)
  • Rastakhiz ("Resurrección", 1971)
  • Khatti ze Sor'at va Atash ("Unha liña de velocidade e lume", 1980)
  • Dasht-e Arzhan ("Chaira de Arzhan", 1983)
  • Kaghazin Jameh ("Vestido de papel", 1992)
  • Yek Daricheh Azadi ("Unha fiestra de liberdade", 1995)
  • Shayad ke Masihast ("Quizais é o mesías", 2003; escolma bilingüe, traducido ao inglés por Ali Salami)

Notas

  1. Martin, Douglas (21 de agosto de 2014). "Simin Behbahani, Outspoken Iranian Poet, Dies at 87". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  2. Keshavarz, Fatemeh (13 de xullo de 2007). "Banishing the Ghosts of Iran". The Chronicle Review of Higher Education. p. B6. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2007. Consultado o 15 de setembro de 2019. 
  3. Mike Shuster (17 de marzo de 2010). "Tehran Halts Travel By Poet Called 'Lioness Of Iran'". NPR. 
  4. "Laureates: 2013 Simin Behbahani". Janus Pannonius Grand Prize for Poetry. 2013. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2019. Consultado o 5 de xuño de 2019. 
  5. Behbahani era o apelido do seu primeiro marido.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Chopra, R. M. (2010): Eminent Poetesses of Persian. Kolkata: Iran Society.

Ligazóns externas