Sidón foi unha importante cidade de Fenicia, fundada na mesma época que Tiro, Biblos (actual Djebail) e Beritos (Beirut), no III milenio a.C.
Aínda que en 1900 tiña unha poboación duns 10.000 habitantes; no 2000 contiña uns 200.000. Posúe unha refinaría de petróleo, e o antigo porto agora só é utilizado por pequenas embarcacións de pesca. Tamén hai moitos cultivos de froita, así como tamén de cereais e vexetais.
Foi unha das máis importantes cidades fenicias, talvez a máis antiga. Foi fundado un grande imperio comercial mediterráneo. Homero eloxiou os seus habitantes pola especialización na fabricación de vidro e tecidos de cor púrpura. Foi tamén de aquí de onde saíron os colonos fundadores de Tiro.
O 4 de decembro de 1110, Sidón foi saqueada na Primeira Cruzada. Durante as Cruzadas foi saqueada varias veces até que foi finalmente destruída polos sarracenos en 1249. En 1260 foi destruída de novo polos mongois. Os estragos das murallas orixinais son aínda visíbeis.
Logo Sidón permanecería no dominio do Imperio Otomán no século XVII, recuperando unha gran parte da súa anterior importancia comercial. Os exipcios, apoiados por Inglaterra e Francia, capturaron e controlaron a cidade no século XIX. Durante a primeira guerra mundial, os británicos tomaron Sidón; e despois da Guerra, esta tornouse Protectorado dos Franceses no Mediterráneo Oriental.
Panorámica de Sidón dende a cima do "Castelo do Mar", 2009