Un shell script é unha linguaxe de script escrita para o shell, ou intérprete de comandos, usada en varios sistemas operativos. Entre as operacións típicas dos shell scripts atópase a manipulación de ficheiros, a execución de programas ou a impresión de texto.
Un exemplo de intérprete de comandos é o bash, usado na gran maioría das distribucións GNU/Linux.