O arco flanqueado polos dous vans alintelados apareceu orixinalmente na época imperial en Roma. Utilizouse na Vila Hadriana (125-134), en Tívoli, e no Templo de Hadriano (cara ao 130) en Éfeso, Turquía, e foi coñecido como "arco siriaco".
Recuperouno Bramante en Santa María do Popolo (1507-09) en Roma, aínda que foi Palladio (1508-80) quen máis o utilizou, polo que en Inglaterra, onde a arquitectura paladiana foi difundida por Inigo Jones (1573-1652) coñeceuse como arcada paladiana. No século XVIII, lord Burlington engadiulle un arco exterior para recoller o tres ocos.
En España, a primeira serliana aparece datada en 1510, cando artistas xenoveses o introducen no palacio valenciano de Jeromi Vich, daquela embaixador en Roma de Fernando o Católico.[2]
Notas
↑"serliana". glosarioarquitectonico.com. Consultado o 21-04-2019.
↑Marías, Fernando (1983). La arquitectura del Renacimiento en Toledo (1541-1631)(en castelán). Madrid: CSIC. ISBN9788400058975.