Sergio Rodríguez Hurtado, coñecido habitualmente como Sergio Rodríguez, nado o 6 de setembro de 1992 en Sevilla, é un futbolista profesional español da canteira do Real Betis, que xoga como mediapunta ou extremo no club sevillano.
Traxectoria
Nado en Sevilla, formouse nas categorías inferiores do Real Betis, xogando como futbolísta polivalente en moitas das posicións do xogo. Como futbolísta do equipo xuvenil, durante a tempada 2010-2011 foi chamado por Pepe Mel para xogar co primeiro equipo na Segunda División, xogando varios partidos. Nos anos seguintes alternou o Betis B da Segunda División B co primeiro equipo da Primeira División.[1] Considerado unha das perlas da canteira do conxunto sevillano, no verán de 2012-13 foi tanteado tanto polo Real Madrid como polo Fútbol Club Barcelona cara ao 2014.[2]
Clubs
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas