Sedona é unha cidade localizada no estadonorteamericano do Arizona, nos condados de Coconino e Yavapai. No ano 2010 a súa poboación era de 10.031 habitantes.[1] Fundouse en 1902 e incorporouse en 1988.[2] Sedona é ben coñecida polas formacións de arenito, denominadas popularmente rochas vermellas de Sedona, aínda que a súa cor vai do laranxa brillante ao vermellón, e que popularizou o cinema do oeste.[3]
Segundo o censo nacional de 2010[1], a súa poboación é de 10.031 habitantes e a súa densidade de poboación é de 202,3 hab/km². Posúe 6.367 residencias, que é resultado dunha densidade de 128,4 residencias/km².