Saxifragaceae

Saxifragaceae (Saxifragáceas)

Tiarella cordifolia
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Anxiospermas
(sen clasif.): Eudicotas
(sen clasif.): eudicotas núcleo
Orde: Saxifragales
Familia: Saxifragaceae
Juss.
Espallamento das saxifragáceas.
Espallamento das saxifragáceas.

Espallamento das saxifragáceas.
Xéneros

Véxase no texto.

Saxifragaceae (as saxifragáceas[1]) é unha familia de plantas da clase das dicotiledóneas cunhas 775 especies incluídas en 48 xéneros.[2]

As flores son hermafroditas e actinomorfas. Teñen 4 ou 5 pétalos e 5 ou 10 estames.

A familia noutrora incluía especies moi coñecidas coma as hortensias ou as groselleiras, hoxe incluídas nas familias Hydrangeaceae e Grossulariaceae respectivamente.

Parnassiaceae incluíuse ás veces nesta familia, malia seren xeneticamente distantes.

Xéneros

En decembro de 2014, The Plant List aceptaba 48 xéneros dentro da familia:

(Algúns nomes comúns en inglés)

Evolución

Saxifragaceae atópase maioritariamente no Hemisferio Norte, con gran diversidade no Himalaia, Asia Oriental, e América do Norte Occidental. A diversidade máis grande atópase na rexión de Noroeste do Pacífico de América do Norte.[3]

A familia divídese en dúas liñaxes principais – os saxifragoides, o cal inclúe os xéneros Saxifraga e Saxifragella, e os heucheroides, que inclúen o resto dos xéneros. Os heucheroides están compostos de oito tribos: Darmera (Astilboides, Bergenia, Darmera, Mukdenia, Orestitrope, e Rodgersia), Heuchera (Bensoniella, Conimitella, Elmera, Heuchera, Mitella, Tellima, Tiarella, e Tolmiea), Peltoboykinia (Chrysosplenium e Peltoboykinia), Micranthes (Micranthes), Boykinia (Boykinia, Bolandra, Hieronymusia, Jepsonia, Lithophragma, Sullivantia, Suxdorfia e Telesonix), Saniculphyllum (Saniculphyllum), Leptarrhena (Leptarrhena e Tanakaea), Astilbe (Astilbe e Saxifragopsis), e Cascadia (Cascadia e Saxifragoides).[3]

Notas

  1. Nome vulgar da familia en galego segundo o Portal das Palabras da RAG.
  2. "Saxifragaceae". The Plant List. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2017. Consultado o 2014-12-06. 
  3. 3,0 3,1 Deng, Jia-bin; Drew, Bryan T.; Mavrodiev, Evgeny V.; Gitzendanner, Matthew A.; Soltis, Pamela S.; Soltis, Douglas E. (2015). "Phylogeny, divergence times, and historical biogeography of the angiosperm family Saxifragaceae". Molecular Phylogenetics and Evolution 83: 86–98. PMID 25479063. doi:10.1016/j.ympev.2014.11.011. 

Véxase tamén

Ligazóns externas