Sarah Patricia Connolly, nada no condado de Durham en 1963, é unha mezzosoprano inglesa, destacada intérprete de Händel e música barroca e contemporánea.[1]
Traxectoria
Educouse na Queen Margaret's School de York e no Royal College of Music. Durante cinco anos foi membro da BBC Singers onde cantou jazz.[2][3] Ó deixar o grupo comezou a interesarse na ópera, debutando en 1994 en Der Rosenkavalier como Annina. A súa consagración chegou como Serse (Xerxes) e como Giulio Cesar no Festival de Glyndebourne.[4] Debutou no Covent Garden no 2009, como Dido en Dido and Aeneas.[5][6]
Cantou música contemporánea, Twice Through the Heart de Mark-Anthony Turnage a carón de Oliver Knussen, Jonathan Harvey, John Tavener e outros, que foi lanzada no ano 2002 nunha gravación comercial.[7][8]
En setembro do 2009, foi a solista de The Last Night of the Proms, cantando Mahler, jazz e Rule Britannia vestida como o Almirante Nelson.[9][10][11]
Connolly vive en Gloucestershire, Cotswolds,[2][3] xunto ó seu marido e filla Lily (2003).[5]
En 2017 foi nomeada Dama do Imperio Británico.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas