San Bartolomé atópase situado na parte central da illa de Lanzarote, nunha veiga protexida polos Morros e a montaña de Guaticea ao oeste e pola Montaña Mina ao leste. A súa historia, como corroboran certos xacementos arqueolóxicos, remóntase á época prehispánica. A partir do século XV, logo da conquista, empezaron a asentarse colonos no lugar e a finais do século XVIII xa tiña 144 veciños e podía presumir de parroquia e de casas señoriais. A súa localización privilexiada e a súa importancia agrícola fixo que, xa como municipio, seguise desenvolvéndose e crecendo durante os séculos XIX e primeira metade do XX. En tanto que os últimos vinte e cinco anos a nova base económica, en torno ao turismo, reconfigurou o panorama social, cultural e urbano da poboación.