Destaca dentro do seu patrimonio histórico-artístico a igrexa de San Xoán Bautista, coñecida popularmente como a catedral de Arucas: aínda que a súa configuración inicial data do século XVII, a igrexa actual foi levantada en estilo neogótico de nova planta a principios do século XX. No seu interior garda un considerable tesouro artístico, con pezas escultóricas de procedencia italiana, pinturas flamengas e da escola andaluza, e obras de Cristóbal Hernández de Quintana.
Historia
O nome da localidade provén da tradución que fixeron os casteláns do topónimo aborixe "Arehucas". A cidade está asentada sobre un val, orixinariamente chan mariño que ao xurdir o volcán da Montaña de Arucas foi pechado formando unha lagoa.
En 1894 alcanza a categoría de cidade por graza da entón raíña rexente María Cristina, en mérito ao seu crecemento e laboriosidade.
A cidade áchase ao pé da montaña de Arucas, un volcán apagado no que hai un miradoiro con vistas excelentes cara aos catro puntos cardinais e que exhibe un aspecto moi peculiar: parece que ten nun lado unha especie de pegada xigante.
A agricultura foi desde sempre a principal riqueza económica de Arucas, destacando hoxe día as amplas veigas de cultivo de plátanos.
O municipio posúe varios parques señoriales como o parque municipal de Arucas(coñecido como Parque Gourie), xunto ao centro histórico, ou o xardín da Marquesa, xardín botánico que data do século XIX.
Nesta cidade elabórase o ron mel, procedente da cana de azucre.
O termo municipal de Arucas comprende outras poboacións, como Bañaderos, La Montañeta, la Fula, Cardones, Trapiche, Visvique, Los Portales, Santidad etc.