Samuel Prada León

Modelo:BiografíaSamuel Prada León
Biografía
Nacemento1993 Editar o valor en Wikidata
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de febreiro de 2018 Editar o valor en Wikidata (24/25 anos)
Afrîn, Siria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortebomba aérea (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesBaran Galicia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaAndorra Editar o valor en Wikidata

Samuel Prada León, nado en Ourense en 1993 e finado en Afrin o 13 de febreiro de 2018, tamén coñecido como Baran Galicia, foi un militante galego-andorrano.[1] Foi o primeiro cidadán español en morrer en Siria loitando contra o Estado Islámico e as Forzas Armadas de Turquía durante a guerra civil siria.

Traxectoria

Á idade de seis anos foi vivir coa súa nai, Beatriz Prada, a Andorra, onde ela tiña un restaurante.[2] Tras rematar os estudos secundarios comezou a militar en organizacións humanitarias, e no verán de 2017 foi a Siria nunha viaxe humanitaria. Canda a outros militantes de todo o mundo enrolouse nas Unidades de Protección Popular (YPG) e comezou unha formación militar acelerada para defender a fronte de Afrin xuntamente coas milicias kurdas que defendían a rexión da invasión turca.[2]

Faleceu o 10 de febreiro de 2018 canda ao seu compañeiro Olivier François Jean Le Clainche (Kendal Breizh),[3] e o seu corpo foi repatriado.[4]

Notas

  1. Anxo Angueira (28 de decembro de 2024). "Baran Galicia". Sermos Galiza. p. 5. 
  2. 2,0 2,1 Cristina Huete (19 de febreiro de 2018). "El cooperante que acabó de miliciano en Siria". El País. 
  3. "El cos del milicià Samuel Prada arriba avui des de Barcelona". El Periòdic d'Andorra. 17 de abril de 2018. 
  4. "Els kurds acomiaden Samuel Prada com un heroi i deixen el fèretre en mans de les autoritats espanyoles". Altaveu. 21 de marzo de 2018.