Saga dos Volsungos |
---|
|
Título orixinal | Völsunga saga |
---|
Autor/a | Autores anónimos |
---|
Orixe | Islandia |
---|
Lingua | Antigo nórdico islandés |
---|
Xénero(s) | Saga |
---|
Data de pub. | Século XIII |
---|
Formato | Manuscrito |
---|
[ editar datos en Wikidata ] |
A Saga dos volsungos, en nórdico antigo: Völsunga saga,[1] é unha saga lendaria islandesa do século XIII en forma de prosa, sobre a orixe, o ascenso e o declive do clan dos Volsungs (descendentes do rei Volsung),[1] incluíndo a historia de Sigurd, o matador de dragóns, e os seus descendentes, e Brunhilda (Brynhildr) e a destrución dos burgundios.[2]
A saga Volsunga é unha saga islandesa, escrita arredor de 1300, baseada na tradición xermánica.[3] Os feitos reais que inspiraron a narración fantasiosa da saga ocorreron en Europa Central nos séculos V e VI, pero o único manuscrito medieval da obra que se conserva actualmente data de c. 1300. Crese que a versión en prosa da saga está baseada en poemas épicos escandinavos anteriores.
O poema épico alemán medieval Nibelungenlied ("Canción dos Nibelungos") está baseado nas mesmas historias antigas que a saga dos volsungos, que eran comúns a todas as terras xermánicas desde a primeira Idade Media. Nos Nibelungos, porén, a narración ten trazos de romance cortés.
J. R. R. Tolkien afirmou terse inspirado na mitoloxía nórdica para escribir O hobbit e O Señor dos Aneis, e escribiu dous poemas narrativos e textos relacionados agrupados en 2009 baixo o título The Legend of Sigurd and Gudrún.[4][5]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
Deuses Heroes | | |
---|
Lugares | |
---|
Eventos | |
---|
Fontes | |
---|
Sociedade | |
---|
Véxase tamén | |
---|