Na mitoloxía nórdica, Ragnarok (fado do mundo) é a batalla da fin do mundo. Esta batalla sería supostamente emprendida entre os deuses (os Æsir, liderados por Odín) e os demos (os xigantes do lume, os Jotuns e varios monstros, conducidos por Loki). Algúns dos deuses, dos xigantes, e dos monstros falecerán non só nesta conflagración apocalíptica, senón que case todo no universo acabará destruído.
Os deuses xa saben a través da profecía, o que vai suceder: que avisará da chegada do acontecemento, quen matará a quen, e así sucesivamente. Ata saben que eles non teñen o poder de evitar o Ragnarok. Isto está relacionado co concepto de destino dos pobos nórdicos antigos.
Bailey, Richard N. (2002). "Scandinavian Myth on Viking-period Stone Sculpture in England". En Barnes, Geraldine; Ross, Margaret Clunies. Old Norse Myths, Literature, and Society(PDF). Sidney: University of Sydney. ISBN1-86487-316-7. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 14 de setembro de 2009. Consultado o 12 de xuño de 2014.