No presente, o dragón europeo é representado como unha criatura semellante a un lagarto, de gran talle, escamoso, con cornos e que bota lume pola boca. A criatura tamén ten unhas ás de coiro semellantes ás dun morcego, catro patas e unha longa e prénsil cola. Algunhas representacións amosan ós dragóns con ás emplumadas, cristas, gadoupas ardentes, pugas de marfil que percorren o seu lombo e outros engadidos exóticos. Outras representacións non teñen patas ou presentan múltiples testas.
Malia ser unha criatura con ás, o dragón atópase polo xeral nun agocho subterráneo, unha cova que o sinala como unha antiga criatura da terra. É probable que os dragóns da mitoloxía europea ede Medio Oriente proveñan do culto ás cobras presente en moitas relixións en todo o mundo.
Terminoloxía
O termo "dragón" provén da palabra latinadraco, que tamén dá nome á constelación Draco, e que provén directamente do grego antigoδράκων, (drákōn).
Notas
↑Ernest Ingersoll; et al. (2013). The Illustrated Book of Dragons and Dragon Lore. Cognoscenti Books.