O río Coura é un río portugués, afluente do Miño pola súa marxe esquerda, que ten unha lonxitude de 50 km.
Descrición
O Coura nace no concello de Paredes de Coura, e pasa por Insalde, Formariz, Paredes de Coura, Rubiães, Coura, Covas e Vilar de Mouros. Desauga no Miño en Caminha, no seu tramo baixo.
En dúas das súas praias fluviais celébranse dous dos maiores festivais de verán en Portugal, o Festival de Paredes de Coura e o Festival de Vilar de Mouros. As augas do Coura están aproveitadas por tres encoros (barragens en portugués): o de Covas, o de Paus e o de Pagade.