Ruth Hubbard

Modelo:BiografíaRuth Hubbard

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Ruth Hoffmann Editar o valor en Wikidata
3 de marzo de 1924 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte1 de setembro de 2016 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Cambridge, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Radcliffe College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbióloga, bioquímica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Descrito pola fonteBiographies of important Austrian women scientists (en) Traducir, (p.406-408) >>>:Hubbard, Ruth, geb. Hoffmann, verh. Wald Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1440036

Ruth Hubbard (nada Hoffmann 3 de marzo de 1924 en Viena, Austria e finada o 1 de setembro de 2016, foi unha bióloga estadounidense, profesora de Bioloxía na Universidade Harvard, onde foi a primeira muller titular da Universidade nesa disciplina.[1][2]

Traxectoria

Hoffmann naceu en Viena en 1924 e escapou do nazismo cando era adolescente. Coa súa familia, trasladáronse á área de Boston (Estados Unidos) onde se converteu en bióloga. Graduouse en 1944 en ciencias bioquímicas no Instituto de Estudos Avanzados Radcliffe. Estivo casada con Franc Hubbard entre 1942 e 1951.

Como bolseira de investigación en Harvard nos anos posteriores á segunda guerra mundial, traballou para George Wald, investigando a bioquímica do retinal e do retinol. En 1950 obtivo un doutoramento en bioloxía en Radcliffe, e en 1952, unha bolsa Guggenheim no Laboratorio Carlsberg en Copenhague, Dinamarca.

Durante a súa prolífica carreira de investigación dende os anos 40 ós 60 do século XX, fixo achegas salientables na comprensión da bioquímica e a fotoquímica da visión nos vertebrados e invertebrados. O 1967, compartiu con Wald a Medalla Paul Karrer polo seu traballo neste eido.

Hubbard e Wald casaron en 1958 e tiveron un fillo, Elijah, músico e historiador de música, e unha filla, Deborah, avogada.

En 1967 Wald gañou o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina polos seus descubrimentos sobre o funcionamento do ollo.

Notas

  1. Harvard Square Library (ed.). "Ruth Hubbard". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2012. Consultado o 29 de novembro de 2009. 
  2. Holloway, M (1995). "Profile: Ruth Hubbard – Turning the Inside Out". Scientific American 272 (6): 49–50. doi:10.1038/scientificamerican0695-49.