Ruta júnior masculina no Campionato do Mundo de ciclismo en ruta
A carreira en liña ou ruta júnior masculina do Campionato do Mundo de ciclismo en ruta é unha carreira disputada anualmente no Campionato do Mundo de Ciclismo en Ruta na que participan ciclistas de países de too o mundo que teñen idade júnior (18 a 20 anos). Lévase realizando dende o ano 1975. A carreira comezou celebrándose en 1975 no Campionato do Mundo Júnior de ciclismo en ruta. De 1997 a 2004, a carreira pasou a formar parte do Campionato do Mundo de ciclismo en ruta. En 2005, xuntouse co Campionato do Mundo Júnior de ciclismo en pista e creouse o UCI Juniors World Championships. No ano 2010, a carreira disputouse outra vez no Campionato do Mundo Júnior de ciclismo en ruta, pero en 2011 regresou a formar parte do Campionato do Mundo de ciclismo en ruta. Como premio, o gañador da proba viste ata o campionato do ano seguinte o maillot arco da vella só en carreiras de categoría júnior.