Aguascalientes é a capital do Estado de Aguascalientes, en México. Localízase no centro do país. Foi fundada o 22 de outubro de 1575 e elevada ao estatuto de cidade en 1816. Tiña 663.671 habitantes no ano 2005.[1]
Formaba parte do reino de Nova Galicia, (xunto cos estados de Xalisco, Zacatecas, Guanajuato, Nayarit e unha parte de Michoacán), durante a independencia foi parte de Zacatecas e en 1835 que converteuse na capital do Estado Libre e Soberano de Aguascalientes.[2]
A Metrópole a finais de 2012 chegou a 1 millón de habitantes.[3] De acordo coas cifras de 2010 é a décimo cuarta zona metropolitana máis grande de México.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas