Ross Lynch naceu e creceu en Littleton, Colorado, como segundo fillo máis novo dun total de cinco irmáns (Riker, Rydel, Rocky e Ryland). Foi educado na casa dende o cuarto grado. É curmán dos bailaríns Derek Hough e Julianne Hough. Lynch e a súa familia mudáronse a Os Ánxeles, California, no 2007.
Carreira
Lynch sabe tocar o piano, a batería, a guitarra e o baixo. El bailou para os Rage Boyz Crew, un grupo fundado por unha compañía de danza de California do Sur. Estivo en So You Think You Can Dance e apareceu en espectáculos como Moises Rules!, e en filmes como Grapple, con Anton Troy. En 2009, apareceu no videoclip de Kidz Bop da canción "Let It Rock" e no de Cymphonique "Lil' Miss Swagger". A principios de 2011 forma parte do elenco da serie orixinal de Disney ChannelAustin & Ally', co papel protagonista masculino de Austin Moon, un cantante adolescente que se converte nunha sensación da música após subir unha actuación a internet e máis tarde alíase con Ally, interpretada por Laura Marano. O episodio piloto fixo que a serie aumentara a unha tempada completa; a serie tivo a súa estrea en decembro de 2011, e renovou para unha segunda tempada en marzo de 2012. En primavera de 2013 fi anunciada unha terceira tempada.
En 2012, Lynch comeza a traballar no filme orixinal de Disney Channel, Teen Beach Movie. O filme foi gravada en Porto Rico. El tiña o papel de Brady, o protagonista masculino do filme. O seu primeiro sinxelo promocional, "A Billion Hits" foi lanzado o 2 de abril de 2012.
Con R5
En marzo de 2010, eles sacaron o seu primeiro EP, Ready Set Rock e en setembro firmaron co selo Hollywood Records. O segundo EP, Loud, foi lanzado o 19 de febreiro de 2013, xunto ao sinxelo "Loud". A banda lanzou o seu primeiro álbum, Louder o 24 de setembro de 2013 e o álbum non contiña catro das cancións de Loud e sete novas cancións. O terceiro EP da banda, chamado Heart Made Up on You, foi lanzado o 22 de xullo de 2014.