Rosaura López Lorenzo, nada en Pontevedra o 16 de marzo de 1932 e finada ibídem o 19 de setembro de 2005, foi unha criada galega que serviu a John Lennon e Yoko Ono no seu apartamento do edificio Dakota (Nova York) entre 1973 e 1980.[1]
Traxectoria
En 2005, escribiu un libro en castelán reflectindo este período: En casa de John Lennon, publicado por Hércules Ediciones. O libro contén fotos de John, Yoko e Sean xunto con algunhas postais que John e Yoko lle enviaron, xunto con algunhas anécdotas.[2]
Rosaura chegou a Queens (Nova York) en 1962 co seu marido Secundino e en 1970, empezou traballo como limpadora no Dakota. Cando Lennon chegou en 1973, os seus servizos foron incluídos como parte do paquete de alugueiro.
Notas