Rosalíadecastro

Este artigo trata sobre a estrela situada na constelación de Ofiúco. Para a escritora e poetisa galega, ver Rosalía de Castro.

Rosalíadecastro, anteriormente identificada como HD 149143, é unha estrela localizada en constelación de Ophiuchus que ten un clasificación estelar de G0 e que se atopa a unha distancia de 240 anos luz da Terra. A súa magnitude aparente é 7,9 (un obxecto binocular) e a magnitude absoluta é 3,9[1][2][3]

Impresión artística do planeta Riosar orbitando Rosalíadecastro.

A estrela foi bautizada como "Rosalíadecastro" como parte do proxecto internacional NameExoWorlds, impulsado pola Unión Astronómica Internacional (IAU). A estrela e o seu planeta foron asignados a España para a escolla do nome.[4][5] O nome de Rosalía de Castro foi proposto pola Agrupación Astronómica Coruñesa IO e foi elixido a través dunha votación en liña, conseguindo 13 413 votos en todo o país, ou máis dun 39% do total.[6] O seu planeta, HD 149143 b, foi bautizado como "Riosar" (en referencia ao río Sar).[6]

Sistema planetario

Riosar ou HD 149143 b, foi descuberto polo N2K Consortium, durante a súa busca de planetas xigantes gasosos arredor de estrelas ricas en metais.[2] O planeta foi descuberto de maneira independente por Elodie na busca sesgada da metalicidade dos Xúpiter quentes en tránsito.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 da Silva, R.; et al. (2006). "Elodie metallicity-biased search for transiting Hot Jupiters I. Two Hot Jupiters orbiting the slightly evolved stars HD118203 and HD149143". Astronomy and Astrophysics 446 (2): 717–722. Bibcode:2006A&A...446..717D. arXiv:astro-ph/0510048. doi:10.1051/0004-6361:20054116. 
  2. 2,0 2,1 Fischer, Debra A.; et al. (2006). "The N2K Consortium. III. Short-Period Planets Orbiting HD 149143 and HD 109749". The Astrophysical Journal 637 (2): 1094–1101. Bibcode:2006ApJ...637.1094F. doi:10.1086/498557. 
  3. Redacción (2019-12-17). "Así podes ver no ceo a estrela de Rosalía". GCiencia. Consultado o 2019-12-22. 
  4. http://www.nameexoworlds.iau.org/get-involved Arquivado 17 de decembro de 2019 en Wayback Machine. IAU100 NameExoWorlds: Get Involved
  5. http://www.nameexoworlds.iau.org/spain Arquivado 17 de decembro de 2019 en Wayback Machine. IAU100 NameExoWorlds: Spain
  6. 6,0 6,1 "Rosalía de Castro e o río Sar xa alumean no ceo". Sermos Galiza. 17 de decembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas