Agrupación Astronómica Coruñesa Ío

Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
A Casa das Ciencias da Coruña, onde ten a súa sede a agrupación.
Tipoasociación cultural
Data de fundación2002
PremiosPremio Prismas e Premio Rosalía de Castro de Lingua
EnA Coruña
PaísGalicia
43°21′44″N 8°24′45″O / 43.3620889, -8.41255
Na rede
http://agrupacionio.com/gl
Facebook: agrupacionio Twitter: agrupacionio Instagram: agrupacionio Youtube: UCSe_FqESpzi5l_IKQ52S8Bw Flickr: agrupacionio Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ío é unha asociación cultural e sociedade científica sen ánimo de lucro que ten como obxectivo o fomento da afección, estudo, investigación e divulgación da astronomía.[1]

Historia

Fundación, obxectivos e características

Fundada en 2002, a agrupación ten a súa sede na Casa das Ciencias da Coruña.[1]

Xurdiu como froito da inquietude dun grupo de afeccionados á astronomía cun obxectivo claro: gozar e conseguir que outros gocen coa paixón polas noites estreladas e a ciencia da astronomía. Desde a súa creación foi medrando, desde os trece socios fundadores, até os máis de oitenta membros en 2019.[1]

Trátase dun grupo aberto, no que calquera pode participar: non fan falta coñecementos previos, nin telescopio, nin ningunha titulación, só paixón pola astronomía e ganas de saír a observar un bo ceo estrelado.[1]

Estrela Rosalíadecastro e planeta Riosar

A súa iniciativa de nomear a estrela anteriormente identificada como HD 149143, da constelación Ofiúco, e o planeta HD 149143 b asociado a ela, conseguiu que se lle desen os nomes de Rosalíadecastro e Riosar, en referencia a Rosalía de Castro e ao río Sar, respectivamente.[2][3][4]

Congreso Estatal de Astronomía 2020

A Agrupación logrou que A Coruña sexa en 2020 a sede do XXIV Congreso Estatal de Astronomía. Nunha votación conseguiu o 90 % dos votos; das 39 entidades que se deron cita na edición do encontro, en Cuenca, 35 apoiaron a candidatura da cidade.[5]

Distincións

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en Facebook.
  2. R. Romar (17 de decembro de 2019). "La estrella Rosalía de Castro ya brilla en el cielo". La Voz de Galicia. Consultado o 18 de decembro de 2019. 
  3. Marcos Pérez Pena (17 de decembro de 2019): Rosalía xa é unha estrela (e o río Sar un exoplaneta) en praza.gal. Consultado o 18 de decembro de 2019.
  4. Fundación Rosalía de Castro (17 de decembro de 2019): Unha estrela en Ofiúco chamada Rosalía de Castro. Consultado o 18 de decembro de 2019.
  5. Fernández, Ángela (4 de novembro de 2018). "La Agrupación Ío logra que A Coruña sea la sede del Congreso Estatal de Astronomía". La Opinión A Coruña. Consultado o 18 de decembro de 2019. 
  6. Diario, Nós. "Xaquín Marín, Agrupación Ío e Twitter en galego gañan os Rosalía de Lingua". Nós Diario. Consultado o 2021-06-15. 

Véxase tamén

Ligazóns externas