Robin Hood, príncipe dos ladróns (en inglés: Robin Hood: Prince of Thieves) é un filme estadounidense dirixido por Kevin Reynolds que se estreou en 1991.
Sinopse
Robin Hood (Kevin Costner) é un nobre inglés que, unido ó rei Ricardo Corazón de León na Terceira Cruzada, é encarcerado nunha prisión de Xerusalén. Na súa fuxida, coñecerá ó tamén preso Azeen (Morgan Freeman), que agradecido porque Hood lle salvara a vida, decide quedar con el ata devolverlle o favor.
Cando Robin e Azeem chegan a Inglaterra, gobernada agora polo déspota sheriff de Nottingham (Alan Rickman), axudado polo seu primo Guy de Gisborne (Michael Wincott) e a meiga Morgana (Geraldine McEwan), descobren que o pai de Robin, lord Locksley (Brian Blessed), fóra asasinado polo shériff. Para vingarse, Robin, axudado por Azeem, comeza a roubar á nobreza e á igrexa para alimentar ós máis necesitados. Por iso, o shériff valora a cabeza de Hood en cen pezas de ouro.
Agochados no bosque de Sherwood, Robin e Azeem coñecen a persoas que, por un motivo ou outro, tamén se agochan do poder do shériff de Nottingham. Unidos por unha mesma causa, o grupo liderado por Robin Hood artellan a súa vinganza. Co que non conta ninguén é que lady Marian (Mary Elizabeth Mastrantonio), con quen o shériff quere casar e ter descendencia, e Hood están namorados o un do outro.
Finalmente, cando lady Marian é obrigada, será o grupo de Hood quen a salve da fortaleza real e libere o país do Shériff de Nottingham.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos