Roberto López-Iglésias Samartim, nado en Redondela en 1971, é un filólogo e escritor galego.
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Galega (1998), Filoloxía Portuguesa (1998), DEA [Mestrado] en Estudos Clásicos e Medievais (2000) e Doutor en Filoloxía Galega (2010) pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese O processo de construçom do sistema literário galego entre o franquismo e a transiçom (1974-1978). Margens, relaçons, estrutura e estratégias de planificaçom cultural, dirixida por Elias Torres.[1] Foi bolseiro de investigación do Instituto Camões (1999-2001) e da USC (2003-2005), e profesor visitante na Universidade de Vigo (2003). Desde 2006 é profesor na Área de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.
Membro do grupo Galabra, entre 2011 e 2014 foi secretario xeral da Associação Internacional de Lusitanistas (AIL). Actualmente é o responsábel de comunicación da entidade e editor de Plataforma9. Desde novembro de 2010 dirixe a revista Agália.
Obras
Ensaio
- A Dona do Tempo Antigo. Mulher e campo literário no Renascimento Português (1495-1557), 2003, Laiovento.
- Mudança política e sistemas culturais em transiçom, 2017, Laiovento.
Premios
- Premio Carvalho Calero de Investigación en 2002, con A Dona do Tempo Antigo. Mulher e campo literário no Renascimento Português (1495-1557).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas