A historia bimilenaria de Roșia Montană comeza coa conquista da Dacia polos romanos, que chegaron atraídos polos grandes xacementos de ouro da rexión, establecendo así unha explotación mineira no lugar dun poboado dacio. A existencia de táboas de madeira recubertas de cera datadas entre os anos 131 e 167 son unha proba da importancia da rexión na época. Nestas táboas aparece mencionado o nome romano da localidade (Alburnus Maior), así coma a orixe da maioría dos mineiros. As galerías mineiras da época romana aínda poden visitarse hoxe.[4]
Aínda que a explotación mineira de ouro non cesou ao longo da historia, tivo un especial impulso durante a época de María Tareixa I de Austria. Hoxe en día é obxecto dun polémico proxecto mineiro.[5][6]
No Museo da Mina poden verse obxectos de todas as épocas da explotación.