Richard Stone

Modelo:BiografíaRichard Stone
Nome orixinalJohn Richard Nicholas Stone
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1913 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte6 de decembro de 1991 (78 anos)
Cambridge, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
EducaciónWestminster School
Gonville and Caius College
Universidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióneconomista, estatístico, investigador Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoJames Mirrlees (pt) Traducir, Angus Deaton (pt) Traducir, Albert Rex Bergstrom (en) Traducir e Sigbert Prais (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeWinifred Mary Jenkins
Giovanna Saffi Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Stone-15252

John Richard Nicholas Stone, nado o 30 de agosto de 1913 en Londres e finado o 6 de decembro de 1991 en Cambridge en 1991, foi un economista e profesor universitario inglés que recibiu o Premio Nobel de Economía no ano 1984.

Biografía

Estudou primeiro dereito, para logo pasar a estudar economía, na Universidade de Cambridge, na que se graduou en 1936 so a dirección de Hermann Kahn, John Maurice Clark e John Maynard Keynes. Durante a segunda guerra mundial foi compañeiro de James Meade no Servizo Central de Información Económica do Goberno Británico, onde foi o encargado de manter conversas, en representación do goberno, acerca da creación dun sistema internacional de contabilidade nacional.

Foi profesor da Universidade de Cambridge desde 1945 até 1980. En diversas ocasións foi profesor convidado da Universidade Johns Hopkins de Baltimore (EUA). Faleceu o 6 de decembro de 1991 na cidade de Cambridge.

Investigación económica

Durante a súa vida compaxinou a docencia co exercicio de misións para a Organitzación para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) e mais para a Organización das Nacións Unidas (ONU). Os modelos de contabilidade nacional foron introducidos por inspiración de Keynes, Stone e Meade, e sistematizarán o uso dun volume crecente de información estatística nun sistema organizado, que Stone refinou até convertelo na base da moderna análise macroeconómica. Ideou un esquema de dupla entrada, ampliado do sistema de partida dobre empresarial, nun modelo económico con catro axentes agregados: as famílias, as empresas, o sector público e o sector exterior. O sistema creado por Stone permitiu o seu uso por países e correntes de pensamento moi diversos.

No ano 1984 foi galardoado co Premio Nobel de Economía polo desenvolvemento de modelos contables usados a nivel nacional e internacional.

Obra seleccionada

  • 1944: National Income and Expenditure, con James Meade.
  • 1954: The Measurement of Consumers. Expenditure and Behavior in the United Kingdom, 1920-1938.
  • 1966: Mathematics in the Social Sciences and Other Essays.
  • 1970: Mathematical Models of the Economy and Other Essays.
  • 1971: Demographic Accounting and Model Building.
  • 1973: Transition and Admission Models in Social Demography.
  • 1975: Direct and Indirect Constraints in the Adjustment of Observations.
  • 1980: A Simple Growth process Tending to Stationarity.
  • 1982: The Relationship of Demographic Accounts to National Income and Product Accounts.

Véxase tamén

Ligazóns externas