San Fins de Ribasieira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Porto do Son. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 87 habitantes (46 homes e 41 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación.
Patrimonio
A súa igrexa parroquial, de estilo neoclásico, data do século XVIII. Está formada por muros ben definidos de cantería de granito, que lle dan unha forma compacta. A nave é rectangular, dividida en dous treitos por un arco de medio punto que separa o presbiterio do resto do templo. No lateral esquerdo deste presbiterio hai unha pequena sancristía, desmarcándose da igualdade da nave, co coro situado aos pés.
A cuberta, a dúas augas, está sobre unha estrutura de madeira. No exterior a decoración é moi sobria, o que resalta a súa volumetría. A fachada principal ten unha pequena espadana de arcada única.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Ribasieira
Parroquias de Porto do Son
Notas
Véxase tamén
Outros artigos