Río Sieira

Modelo:Xeografía físicaRío Sieira
Imaxe
Fervenza do río Sieira na Madanela.
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaPorto do Son, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRibasieira Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaXuño, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPraia de Río Sieira Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°38′56″N 9°02′04″O / 42.6488, -9.0345
Características
Dimensións11 (lonxitude) km

O río Sieira é un pequeno río da provincia da Coruña que discorre polo concello de Porto do Son.

Descrición

Fontes

Nace preto de Calvelle da confluencia do rego de Portonovo, que nace no alto de Raña, preto do Outeiro das Castañas, a 400 metros de altitude sobre o nivel do mar, e o rego de Rodeiro, con nacemento na Portela dos Valentes, a 510 metros sobre o nivel do mar.

Percorrido

Baixa polas terras de Calvelle e forma val encaixonado entre o alto de Godón e Pousacarro por un lado, e as ladeiras de Fonte Salgueira polo outro. Segue o seu descenso atravesando o val que forman, por un lado a aldea de Bustiguillade, mentres recibe augas dun regato nado naquelas terras, e, polo outro, a Ladeira da Torre e a Agra de San Fiz e Inxerto (en Inxerto nace outro rego que tamén alimenta o seu caudal); para chegar á Madanela en Ribasieira onde, detrás da capela da santa, hai unha fervenza duns 20 metros de altitude.

As augas do Sieira deixan Xufres pola dereita, de onde caen augas de dous pequenos regatos que nacen preto do alto de Grallade.

O Pouso e As Traves, escoltan o discorrer do río polo fondo do val para entrar en Cabrais onde xa rega terras de cultivo de Xuño e as terras baixas das Cernadas. No lugar do Foxo, recibe as augas do rego Casa Vedra, que nace nas ladeiras da Portela de Gourís.

Dende o Foxo ata o Pradomonte, atravesa unha pequena chaira con terras de labrado moi fértiles, mentres continúa o descenso deixando á súa esquerda as aldeas de Bistipoi, O Castelo e Guiandón.

Antes de chegar ás Laxes, xúntanselle as augas procedentes dun regato que nacendo no alto da Lagüela, pasa preto de Pedras Altas e a aldea de Sieira.

Atravesa logo as aldeas das Laxes, Pozo Negro, Pozocho e O Zapatal. Por estes lugares, a 30, 40 metros de altitude as augas baixan mansas, deixando as ricas terras da Barcia á súa dereita. Alí o concello de Ribeira extrae gran cantidade da auga do caudal do río.

Entre Pozocho e O Zapatal hai un encoro construído hai tempo polos veciños, para desviar as augas que debían mover o muíño de Deán. Alí, entre ameneiros e bidueiros, aproveitan os mozos de Xuño para darse refrescantes baños. Uns metros máis abaixo están os pasais, os únicos que se conservan neste río, construídos con enormes rochas, aguantan a forza das augas bravas do inverno para favorecer o paso dunha beira á outra do río.

Xa con moi pouco caudal, atravesa a estrada C-550 e discorre por debaixo da vella ponte romana, preto das casas da Coviña; despois, entra na chaira costeira, e entre meandro e meandro, antes de que as súas augas cheguen ao Atlántico na praia de Río Sieira, recibe as do seu afluente regato do Corral de Abaixo, que nadas no alto de Esparrella atravesan a parroquia de Caamaño.

Todos os luns e martes de cada semana, nos anos 60 e 70, as mulleres de Xuño ían lavar a roupa ao río Sieira, ou río Grande, como se coñecía entre as xentes de Xuño.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas