Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Boca do Río.
Praia de Río Sieira / Boca do Río
Características xerais
Lonxitude
950 m
Largo medio
28 m
Grao de ocupación
Media (no verán)
Grao de urbanización
Non hai
Paseo marítimo
Non hai
Características específicas
Tipo de praia
Aberta
Tipo de area
Fina
Condicións do baño
Ondada de forte a moderada
Seguridade
Sinalización do perigo
Si
Accesibilidade
Tipo de acceso
Acceso a pé, fácil
Sinalización do acceso
Si
A praia de Río Sieira é un grande areal situado no concello de Porto do Son, na parroquia de Xuño, lugar da Coviña.
Características
Trátase dunha praia de ámbito virxe de case 1 km de longo e uns 28 m de anchura, na desembocadura do río Sieira, ao que se debe o seu outro nome, de Boca do Río.
É unha praia illada, sen paseo marítimo, principalmente composta por rochas e area fina, branca e dourada.
Ao estar formada na desembocadura do río Sieira, provocou a aparición dun sistema lagunar que permite bañarse tamén en auga doce e moito máis tranquila que a da praia propiamente dita.
O seu nivel de ocupación, na temporada estival, é medio.
Acceso
Desde o Porto do Son, pola estrada AC-550, en dirección a Ribeira. Posúe dous accesos: un pola súa marxe dereita, que corresponde á parroquia de Caamaño, e outro pola marxe esquerda, que corresponde ao lugar da Coviña, na parroquia de Xuño.
Accesibilidade
Hai unha parada de autobús interurbano a 200 m da praia. Tamén pode accederse en coche, xa que hai aparcadoiro, non vixiado, nas proximidades da praia.
Servizos
Dispón de servizo de vixilancia durante o verán (Protección Civil). Hai sinalizacións de perigo claramente visíbeis. O hospital máis próximo é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 9 km, no lugar de Salmón, na parroquia de Oleiros, no veciño concello de Ribeira.