Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Oleiros.
San Martiño de Oleiros (á espera da oficialización da forma San Martiño de Oleiros (San Martiño)[2]) é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ribeira. Segundo o IGE en 2018 tiña 967 habitantes (512 mulleres e 455 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.141 habitantes.
Patrimonio
A igrexa parroquial é de estilo neoclásico, construída en 1769 e ampliada a mediados do século XIX. Conta cun valioso cáliz do século XVIII.
Ten planta de cruz latina coa sancristía na cabeceira. Está dividida en catro tramos por arcos faixóns de medio punto apoiados en pilastras, que sosteñen unha bóveda de canón. No segundo tramo atópanse dúas capelas laterais xemelgas, construídas na década de 1940 e cubertas con bóveda de aresta, ao igual que o prebisterio e a sancristía. A fornela principal atópase unha imaxe de Martiño de Dumio.
Do templo primitivo, posiblemente de orixe románica, só queda unha estatua da Mater Dolorosa, situada nun dos muros do adro tallada en granito.
Nesta parroquia está situado o dolmen de Axeitos.
Galería de imaxes
-
Dolmen de Axeitos, coñecido como
Pedra do mouro. Na parroquia de Oleiros
-
Hospital do Barbanza
-
Hospital do Barbanza
-
Vista de Oleiros
Lugares e parroquias
Lugares de Oleiros
Parroquias de Ribeira
Notas
Véxase tamén
Outros artigos