A rexión de Odesa (en ucraínoОдеська область, "Odeska oblast"; nome informal: Одещина, "Odeshyna") é unha rexión (oblast) do suroeste de Ucraína, con capital na cidade de Odesa.
Ten unha superficie de 33.000 km², abarcando o 5,5% do territorio do país. A súa poboación alcanzaba en 2013 os 2.395.358 habitantes, cerca do 5% da poboación do país.[Cómpre referencia]
Os principais ríos que a atravesan son o Danubio e o Dniéster.
Divisións administrativas
A rexión de Odesa está dividida en 26 distritos (s. район, "raion", pl. райони, raiony, subdivisión administrativa similar ás comarcas galegas[Cómpre referencia]) e 7 cidades que non dependen de ningún distrito, senón directamente da rexión.
A rexión inclúe a parte sur do territorio histórico da Besarabia, chamado Budzhak, que pertenceu historicamente ao Principado de Moldova e que foi anexionado en 1812 polo Imperio Ruso.
↑Pequeno grupo étnico que vive principalmente no sur de Moldova (Gagauzia), suroeste de Ucraína (Budjak) e no noreste de Bulgaria (Dobruxa). A diferenza doutros pobos turcos, os gagauz son na súa maioría cristiáns ortodoxos.