Residue é unha serie de televisión británica dirixida por Álex García López. Trátase dunha produción de ciencia ficción de tres episodios que se centra na vida da fotoxornalista Jennifer Preston despois dunha misteriosa explosión no centro da cidade na que vive. A serie foi dobrada ao castelán, alemán e francés. A rodaxe tivo lugar en Hong Kong, Londres e Yorkshire.
Argumento
Tras unha grande explosión nun club nocturno durante a celebración do Aninovo, o goberno pon en corentena unha ampla zona da cidade alegando contaminación por mor dunha arma química. A fotoxornalista Jennifer Preston investiga unha serie de sucesos misteriosos que acontecen arredor das zonas contaminadas. Descubrirá unha rede de mentiras relacionadas cos fenómenos paranormais que parecen ter orixe na área en corentena, mentres o goberno tenta seguir gardando o segredo.[1]
Elenco
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas