O Reino de Mann e as Illas (en gaélico escocés: Rìoghachd Mann agus na h-Eileanan ) foi un reino nórdico que existiu nas Illas Británicas entre 1079 e 1266. O reino tiña dúas partes, Sodor (Suðr-eyjar), ou Illas do Sur, e Norðr (Norðr-eyjar), ou Illas do Norte (Orcadas e Shetland). En 1164, o reino dividiuse en dous: Reino das Hébridas e Reino de Mann.
Historia
Formación
O reino foi formado por Godredo Crovan cando conquistou a Illa de Man a outros viquingos, probabelmente en 1079. Nos dous primeiros intentos de capturar a Godredo foi derrotado e só no seu terceiro intento saíu vitorioso na Batalla de Skyhill, que tivo lugar preto de Ramsey. Anteriormente, a illa fora capturada entre o 700 e o 900, durante unha invasión das illas británicas polos viquingos. Até a chegada de Godred, as illas foron administradas polos reinos nórdicos de Dublín e Orkney.
O último reino de Mann centrouse arredor das Illas de Man e tamén contiña as Hébridas Interiores e Exteriores. formando o Reino das Hébridas.
O condado de Orkney foi a última extensión do Reino de Mann, que incluía partes da Escocia continental como Sutherland, Caithness e Inverness. O reino tivo moita influencia en partes remotas occidentais de Escocia e Irlanda, como Furness, Whithorn, Argyll e Galloway. En certos momentos o Reino caeu baixo o dominio dos reis de Dublín e Jórvik.
Fin do reino
Os dous reinos foron reanexionados a Escocia en 1266 co Tratado de Perth. Porén, a illa de Man foi posteriormente tomada por Inglaterra e hoxe é unha rexión administrada de forma autónoma nas dependencias da Coroa británica. As Hébridas e as Illas de Clyde seguen a ser parte de Escocia.