Rebelle

Rebelle
Ficha técnica
Título orixinalRebelle
DirectorKim Nguyen
ProdutorPierre Even
Marie-Claude Poulin
Kim Nguyen
GuiónKim Nguyen
IntérpretesRachel Mwanza
Serge Kanyinda
Alain Lino Mic Eli Bastien
FotografíaNicolas Bolduc
MontaxeRichard Comeau
DistribuidoraMétropole Films
EstreaFestival de Berlín: 17 de febreiro de 2012
outubro de 2012
Duración90 minutos
Orixe Canadá
XéneroDrama
Recadación70 544 dólares[1]
Na rede
http://www.rebelle-lefilm.ca/english/
IMDB: tt1820488 Filmaffinity: 373632 Allocine: 189178 Rottentomatoes: m/war_witch Mojo: warwitch Allmovie: v562075 TCM: 2055117 Metacritic: movie/war-witch TV.com: movies/war-witch-rebelle
Facebook: WarWitchfilm Netlix: 70232005 Editar o valor en Wikidata

Rebelle é un filme canadense de 2012 escrito e dirixido por Kim Nguyen e protagonizado por Rachel Mwanza, Alain Lino Mic Eli Bastien e Serge Kanyinda. Conta historia dunha nena soldado que é obrigada a participar nunha guerra civil en África, e que é criada para converterse en bruxa. O filme era foi rodado principalmente na República Democrática do Congo, en francés e lingala.

Logo da súa estrea no Festival Internacional de Cinema de Berlín, o filme recibiu valoracións positivas da crítica. Gañou varios galardóns e foi nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 85ª edición dos premios.

Sinopse

Durante unha guerra civil na África subsahariana, unha nena de doce anos chamada Komona é secuestrada polas forzas rebeldes para convertela nun soldado ás ordes dun señor da guerra coñecido como o Gran Tigre. Os rebeldes obrigan a Komona a matar os seus propios pais. Entón, é enviada a unha illa deserta con moitos outros nenos. Ensínanlles a empregar armas grandes e obríganos a ir á guerra cos rebeldes. Tras beber saiba comeza a experimentar ilusións. Cando as súas visións permiten que sobreviva a un ataque é considerada unha nena bruxa e o Gran Tigre vea como un recurso, que tamén intenta converter na súa concubina.

Personaxes

  • Rachel Mwanza como Komona
  • Alain Lino Mic Eli Bastien como Commandant-rebelle
  • Serge Kanyinda como Magicien
  • Mizinga Mwinga como Grand Tigre Royal
  • Ralph Prosper como Boucher
  • Jean Kabuya como School camp coach
  • Jupiter Bokondji como Royal Tiger sorcerer
  • Starlette Mathata como nai de Komona
  • Alex Herabo como pai de Komona
  • Dole Malalou como Coltan dealer
  • Karim Bamaraki como Biker

Notas

  1. Box Office Mojo (ed.). "War Witch: Box Office Mojo". Consultado o 8 de abril de 2013. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas