Félix et Meira é un filme canadense de 2014 dirixido por Maxime Giroux e protagonizado por Martin Dubreuil, Hadas Yaron e Luzer Twersky. O filme conta a relación improbable entre dous habitantes de Montreal, un deles, unha muller casada procedente dunha comunidade xudía, e o outro, un home canadense francés cos seus propios asuntos familiares.
O filme estreouse na sección de Cinema Mundial Contemporáneo no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2014, onde gañou o premio ó mellor filme canadense. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas