A Real Sociedad Deportiva Alcalá, habitualmente coñecida como Alcalá, é un club de fútbol de España, da cidade de Alcalá de Henares, na Comunidade de Madrid. Foi fundado en 1929 e xoga na Segunda División B de España.
Escudo
O escudo representa a defensa da cidade de Alcalá de Henares, por medio da súa muralla, sobre o río Henares.
Himno
O himno do Alcalá está escrito por Joaquín Olmeda "Quino", xerente do club, e está cantado por Antonio Cerezo. Compúxose en 1989.
(Pódese escoitar no seguinte enlace: HimnoAlcala.mp3[Ligazón morta])
- Primeiro equipamento: Camiseta vermella, pantalón branco e medias vermellas.
- Segundo equipamento: Camiseta negra, pantalón branco e medias negras.
Estadio
O Estadio Municipal El Val é o estadio onde xoga os seus partidos a Real Sociedad Deportiva Alcalá. Está situado no barrio do Val de Alcalá de Henares xunto á cidade deportiva do Val.
Foi inaugurado o verán de 1973 no Trofeo Cervantes entre o Alcalá e o UD Salamanca. Ten capacidade para 8.000 espectadores e as dimensións do terreo de xogo son de 108 × 70 metros. Os asentos son de cor branca e vermella en honra ás cores do club e posúe terreo de herba natural.
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 20 (Incluída a 2012/13)
- Tempadas en 3ª: 29
- Mellor posto histórico: 4º (Segunda B, tempada 2004-05)
Xogadores
Cadro 2009/10
Palmarés
Torneos rexionais
- Campionato de Castela (1): 1955-56
Torneos nacionais
Torneos amigables
Véxase tamén
Ligazóns externas